Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Xoves, 11 de agosto de 2022 Páx. 43562

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 2022 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 4 de agosto de 2022 polo que se aproba a relación de postos de traballo da Axencia de Turismo de Galicia.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Axencia de Turismo de Galicia xustifícase polas razóns indicadas no punto primeiro do Acordo.

En consecuencia, por proposta da Axencia de Turismo de Galicia e unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación e na Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 4 de agosto de 2022, adoptou o seguinte,

ACORDO:

Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo Axencia de Turismo de Galicia nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.

Segundo. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación, agás os efectos económicos do complemento específico dos postos dos inspectores de turismo que a súa entrada en vigor é o 1 de setembro de 2022 .

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 4 de agosto de 2022, relativo á aprobación da relación de postos de traballo da Axencia de Turismo de Galicia, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2022

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file