Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Xoves, 11 de agosto de 2022 Páx. 43726

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fene

ANUNCIO polo que se resolve o proceso de selección para a cobertura, pola quenda de promoción interna e mediante persoal funcionario de carreira, dunha vacante de responsable da Unidade de Vías e Obras, incluída na OEP do ano 2018.

Mediante a Resolución da Alcaldía núm. 1027/2022, do 19 de xullo, resolveuse o proceso selectivo para a cobertura, pola quenda de promoción interna e mediante persoal funcionario de carreira, dunha vacante de responsable da Unidade de Vías e Obras do Concello de Fene (OEP 2018). O texto íntegro da dita resolución publicouse no Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 142, do 28 de xullo de 2022.

Fene, 1 de agosto de 2022

Juventino José Trigo Rey
Alcalde