Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Xoves, 11 de agosto de 2022 Páx. 43727

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Guarda

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual número 7 do Plan xeral de ordenación municipal.

Aprobada inicialmente a modificación puntual número 7 do Plan xeral de ordenación municipal do Concello da Guarda, mediante o Acordo do Pleno, do 27 de maio de 2022, de conformidade co artigo 60 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Faro de Vigo.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes ou obter copias. Así mesmo, estará á disposición no Portal de transparencia da sede electrónica deste concello [http://aguarda.sedelectronica.gal].

Queda suspendido, no ámbito da modificación puntual (definido no plano rotulado «Ámbito de suspensión de licenzas» incorporado ao expediente), o procedemento de outorgamento de licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolición, así como a suspensión da tramitación de figuras de planeamento e xestión (Plan especial, proxecto de equidistribución, proxecto de urbanización) e, polo tanto, suspéndese a tramitación urbanística do ámbito do PERI número 5. Esta suspensión terá unha duración máxima de dous anos, contados desde a aprobación inicial, e extinguirase en calquera caso coa aprobación definitiva da modificación puntual.

A Guarda, 1 de xuño de 2022

Antonio Lomba Baz
Alcalde