Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Xoves, 11 de agosto de 2022 Páx. 43680

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 8 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Frades (expediente IN407A 2022/64-1).

Expediente: IN407A 2022/64-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: anexo LMT, CT e RBT Bouzamonte.

Concello: Frades.

Características técnicas:

LMTA a 20 kV, LA-56 mm2 Al de 1.235 m, coa orixe no apoio existente AQUCLR2T//34-9 da LMT CES-713, tipo C 2000/16 (expediente 50491), e remate no CT proxectado no expediente IN407A 2016/1071-1.

Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa a través do correo electrónico seccion.enerxia.coruna@xunta.es, ou tamén nos teléfonos: 981 18 49 70 e 981 18 49 38), así como no concello.

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, se for o caso, achegar as alegacións ou observacións que xulguen axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste Acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacionpublica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 8 de xullo de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente-e: IN407A 2022/64-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: anexo LMT CT e RBT Bouzamonte.

Concello: Frades.

Relación de propietarias/os, bens e dereitos afectados

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.

m2. sot.: superficie de servidume soterrada en m2.

1) Número de predio: 1.

Lugar: Encima da Raíña.

Referencia catastral: polígono 510, parcela 71.

Cultivo: prado

Propietario: Arturo Prado Quintela.

Afección de solo en pleno dominio:

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica:

• ml aér.: 90,41.

• m2 aér.: 904,0.

2) Número de predio: 9.

Lugar: Campo Pombo.

Referencia catastral: polígono 514, parcela 516.

Cultivo: monte alto.

Propietario: José Manuel Pardo Rama.

Afección de solo en pleno dominio:

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica:

• ml aér.: 42,10.

• m2 aér.: 540,0.

3) Número de predio: 10.

Lugar: Campo Pombo.

Referencia catastral: polígono 514, parcela 515.

Cultivo: Monte.

Propietario: Artemio Cao Rey.

Afección de solo en pleno dominio:

• Apoio nº 1/2 2.

• 1,0 m2.

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica:

• ml aér.: 90,41.

• m2 aér.: 904,0.