Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Venres, 12 de agosto de 2022 Páx. 44071

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Vigo, procedemento abreviado 214/2022-CH.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Vigo, tramítase o recurso 214/2022-CH (procedemento abreviado), interposto por Alexandra Pérez Mariño fronte á Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 4 de maio de 2022, pola que se estima parcialmente o recurso de reposición interposto contra a Resolución do 13 de xaneiro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario (categoría: enfermeiro/a) (DOG núm. 18, do 27 de xaneiro).

A recorrente non está de acordo coa puntuación obtida na epígrafe de experiencia profesional.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2022

Ana Mª Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos