Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Venres, 12 de agosto de 2022 Páx. 44072

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cervo

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de expropiación, por taxación conxunta, dos bens e dereitos incluídos nel, para a execución da ampliación do Museo do Mar-San Cibrao.

A Xunta de Goberno local, mediante acordo adoptado na sesión do 15 de xullo de 2022, aprobou definitivamente o proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, para a execución da ampliación do Museo do Mar-San Cibrao, dos seguintes bens e dereitos:

Nº predio

Ref. catastral

Sup. parcela

Afección

Sup. afectada

Titular/inquilino

3380

5795006PJ2359N

1.466,89 m²

Total

1.466,89 m²

MCDI

AR

-

0,00

inquilino

0,00

ILB

O proxecto estará á disposición dos interesados na sede electrónica deste concello [http://cervo.sedelectronica.es]. O texto do acordo é do seguinte teor:

Primeiro. Desestimar a alegación presentada con rexistro de entrada número 2022-E-RC-1807, do 31.5.2022, por Mª del Carmen Díaz Iglesias, con NIF 33756013V, ao proxecto de expropiación por taxación conxunta dos bens e dereitos incluídos nel, coa finalidade de levar a cabo a ampliación do Museo do Mar en San Cibrao, polos motivos expresados no informe do técnico municipal do 13 de xullo de 2022, que consta transcrito no corpo deste acordo.

Segundo. Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación por taxación conxunta dos bens e dereitos incluídos nel, coa finalidade de levar a cabo a ampliación do Museo do Mar en San Cibrao e publicar o dito acordo no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Notificar o presente acordo de aprobación definitiva do proxecto de expropiación por taxación conxunta aos interesados propietarios e titulares de bens e dereitos que figuran no expediente, aos que se lles outorga un prazo de vinte días contado desde a notificación deste acordo, durante o cal poderán manifestar por escrito, diante do órgano expropiante, a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado.

Se os interesados non formulan oposición á valoración no citado prazo de vinte días, entenderase aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente. O citado prezo que foi fixado no proxecto de expropiación forzosa aprobado definitivamente foi o seguinte:

Predio con referencia catastral: 5795006PJ2359N.

Superficie: 1.466,89 m².

Afección: total (1.466,89 m²)

Titular: Díaz Iglesias María Carmen.

Total do prezo xusto: 161.175,40 €.

Propiedade arrendada: contrato arrendamento de vivenda.

Inquilina: López Bengoechea, Izaskun.

Valoración rescisión contrato de arrendamento de vivenda, total do prezo xusto: 2.520,00 €.

Se existir desconformidade coa valoración establecida no dito expediente, nese caso darase traslado do expediente e da folla de valoración impugnada ao Xurado de Expropiación de Galicia, para os efectos de fixar o prezo xusto, o que, en todo caso, se fará de acordo cos criterios de valoración establecidos na lexislación vixente.

Cuarto. O acordo de aprobación definitiva do expediente de expropiación por taxación conxunta implicará a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados, de conformidade co artigo 118.10 da Lei do solo de Galicia, e a ocupación comportará a necesidade de levantar unha acta nos termos contidos na lexislación estatal.

Quinto. O pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación do prezo xusto.

Sexto. Con posterioridade á aprobación definitiva do proxecto de expropiación, procederase á inscrición rexistral das parcelas nos termos contidos na lexislación estatal, así como a instar do Catastro a actualización da súa configuración e titularidade.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, pódese interpor alternativamente recurso de reposición potestativo ante o mesmo órgano que o acorda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben interpor directamente recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo con sede na capital da provincia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso de reposición potestativo, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se producise a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que se poida exercer calquera outro recurso que se xulgue pertinente.

Cervo, 15 de xullo de 2022

Alfonso Villares Bermúdez
Alcalde