Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica que a seguir se describe:
Peticionaria: Begasa.
Domicilio social: rúa Aller Ulloa, Ramón María, 9, 27003 Lugo.
Denominación: LMT e CT para NS 74634 parque empresarial Muimenta fase A1.
Situación: concello de Cospeito.
Características técnicas principais:
• Liña soterrada de media tensión a 20 kV parque empresarial Muimenta fase A1, con orixe nun paso aéreo a soterrado situado no apoio existente P-138 da liña aérea de media tensión Meira e final nunha cela do centro de seccionamento existente 12783 polígono, cunha lonxitude de 330 metros en condutor RHZ1-240.
• CT prefabricado 6762 polígono Muimenta, no cal se substitúe a cela compacta 2L-1P existente por celas modulares 2L+1P e automatización deste.
Finalidade da instalación : mellora de instalacións.
Orzamento: 27.804,38 euros.
Documentación que se acompaña:
• Separata para o concello de Cospeito.
• Separata para AXI.
Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:
En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción a ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionado ao cumprimento das seguintes condicións:
Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá realizarse por técnico competente.
Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.
Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular, canto establece a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas da alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte o da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.
Lugo, 3 de agosto de 2022
Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo