Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Mércores, 17 de agosto de 2022 Páx. 44278

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 2 de agosto de 2022, da Área Provincial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia nos expedientes P-038/19, P-011/17, P-0003/14 e P-061/10.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto adoptouno a xefa da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Pontevedra.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Alcalde Hevia, 7, 4º andar, Pontevedra.

A eficacia desta notificación queda supeditada a súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 2 de agosto de 2022

A xefa da Área Provincial de Pontevedra
P.D. (Resolución do 19.7.2022)
Ana Medal Fiel
Xefa da Sección de Persoal, Habilitación, Réxime Interior e Rexistro

ANEXO

Expediente: P-038/19.

DNI: 36170688Z.

Acto obxecto de notificación: requirimento.

Expediente: P-011/17.

DNI: X5582809L.

Acto obxecto de notificación: requirimento.

Expediente: P-011/17.

DNI: X5937725E.

Acto obxecto de notificación: requirimento.

Expediente: P-003/14.

DNI: 45957817E.

Acto obxecto de notificación: requirimento.

Expediente: P-061/10.

DNI: X1334935S.

Acto obxecto de notificación: requirimento.