Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Mércores, 17 de agosto de 2022 Páx. 44280

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle do quinteiro 6 do Plan parcial do SUP-1 (Romero Donallo).

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 4 de xullo de 2022, adoptou. entre outros, o seguinte acordo:

– Aprobar definitivamente o estudo de detalle do quinteiro 6 do Plan parcial do SUP-1 (Romero Donallo) –parcela catastral 6568954NH3466H0000IR–, segundo o proxecto presentado o 1 de xuño de 2022 por Santiago Sur Galicia, S.L., asinado polo arquitecto Fernando Arteaga Ros.

O acordo de aprobación definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia. No Boletín Oficial da provincia publicarase o acordo de aprobación definitiva xunto co texto do número 2.3 (Descrición da proposta).

Así mesmo, remitirase á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a documentación exixida polo artigo 88.3 da Lei do solo de Galicia, para os efectos de inscribir o estudo de detalle no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

En todo caso, e de conformidade co exixido polo artigo 199.4 do Regulamento da Lei do solo de Galicia, a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do estudo de detalle quedan condicionadas ao cumprimento dos anteriores trámites e ao sinalado no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, en relación co 65.4 da mesma lei.

Contra o acordo da aprobación definitiva do citado estudo de detalle poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2022

O alcalde
P.D. (DEC/4742/2019, do 17 de xuño)
Mercedes Rosón Ferreiro
Concelleira delegada de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica