Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Xoves, 18 de agosto de 2022 Páx. 44425

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 3 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución de arquivamento de varios procedementos sancionadores por infracción en materia sanitaria (expediente 2021162AE-OU e nove máis).

A xefa territorial de Ourense ditou a resolución de arquivamento do procedemento sancionador 2021162AE-OU e nove máis por vulneración da normativa sanitaria como consecuencia da resolución da Sentenza nº 183/2021, do Tribunal Constitucional, pola que se declaran inconstitucionais e nulos varios preceptos ou incisos de preceptos do Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, en que se baseaban os acordos de inicio dos referidos expedientes sancionadores.

Tras intentar a notificación destas resolucións consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non puido efectuarse, polo que, mediante este anuncio, se notifica aos interesados o contido das resolucións que figuran no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o coñecemento das persoas interesadas.

Contra estas resolucións, que non poñen fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación destas resolucións, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Este anuncio expídese para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 3 de agosto de 2022

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIE da persoa interesada

Último enderezo coñecido

2021162AE-OU

36026809T

Lugar Ludro, núm. 19, 32450 Rairiz de Veiga (Ourense)

2021887AE-OU

76707792D

San Rosendo, núm. 16, 6º D, 32001 Ourense

2021875AE-OU

44496610M

Rúa Nosa Señora da Saínza, núm. 6, 5º B, 32005 Ourense

2021960AE-OU

05337161B

Rúa Río Mente, núm. 4, 1º B, 32001 Ourense

2021187AE-OU

44491173L

Avenida Zamora, núm. 23, 4º esq., 32005 Ourense

20211016AE-OU

34583959D

Lugar das Campinas, núm. 19, 32112 Paderne de Allariz (Ourense)

20211044AE-OU

44496737V

Rúa Cesáreo González, núm. 1, 8 B, 32005 Ourense

2021948AE-OU

50849720D

Quintela Pando, núm. 65, Viana do Bolo, 32557 Ourense

2021197AE-OU

Y0114294K

Rúa Villaescusa, núm. 20, 32002 Barbadás (Ourense)

2021206AE-OU

Y1582819L

Rúa Villaescusa, núm. 20, 32002 Barbadás (Ourense)