Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Xoves, 18 de agosto de 2022 Páx. 44423

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 3 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución de arquivamento de varios procedementos sancionadores por infracción en materia sanitaria (expediente 2021228AE-OU e oito máis).

A xefa territorial de Ourense ditou a resolución de arquivamento do procedemento sancionador 2021228AE-OU e oito máis por vulneración da normativa sanitaria como consecuencia da parte resolutiva da Sentenza nº 183/2021, do Tribunal Constitucional, pola que se declaran inconstitucionais e nulos varios preceptos ou incisos de preceptos do Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, en que se baseaban os acordos de inicio dos referidos expedientes sancionadores.

Tras intentar a notificación destas resolucións consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non puido efectuarse, polo que, mediante este anuncio, se notifica aos interesados o contido das resolucións que figuran no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o coñecemento das persoas interesadas.

Contra estas resolucións, que non poñen fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación destas resolucións, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Este anuncio expídese para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 3 de agosto de 2022

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIE da
persoa interesada

Último enderezo coñecido

2021228AE-OU

44453240J

Nosa Sra. da Saínza, núm. 4-2º B, 32005 Ourense

2021232AE-OU

76721674E

Praza Daniel González, núm. 9-3º A, 32004 Ourense

2021247AE-OU

34275914A

Progreso, núm. 147-5º I, 32003-Ourense

2021252AE-OU

45141520H

Rúa Ribeira de Canedo, núm. 25-3º A, 32001 Ourense

2021255AE-OU

34713134Q

Camino Carrasquillas, núm. 31, 28931 Móstoles (Madrid)

2021258AE-OU

76734996G

Lugar Serantes, núm. 47, 32428 Leiro (Ourense)

2021259AE-OU

44658649D

Barrio Carpaceiras, núm. 12 baixo, 32137 Loeda, Piñor de Cea (Ourense)

2021279AE-OU

34948893W

Rúa Ramón y Cajal, núm. 9-1º esq., 32001 Ourense

2021633AE-OU

35562309P

Avenida Castelao, núm. 344-2º, 36209 Vigo (Pontevedra)