O Concello de Camariñas, mediante a Resolución da Alcaldía número 612/2022, do 13 de xullo, acordou aprobar a oferta de emprego público de 2022.
Persoal laboral:
Denominación da praza: capataz de obras. Grupo: V. Número de prazas: 1. Código RPT: 4110. Sistema de acceso: concurso-oposición. Xornada: completa.
Denominación da praza: oficial de obras. Grupo: V. Número de prazas: 1. Código RPT: 4117. Sistema de acceso: concurso-oposición. Xornada: completa.
Denominación da praza: técnico/a do Museo de Man. Grupo: II. Número de prazas: 1. Código RPT: 7102. Sistema de acceso: concurso-oposición. Xornada: completa.
Camariñas, 26 de xullo de 2022
Sandra Insua Rial
Alcaldesa