Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Xoves, 18 de agosto de 2022 Páx. 44450

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Fonsagrada

ANUNCIO referente á convocatoria para prover unha praza de técnico de medio ambiente.

Mediante Acordo da Xunta de Goberno Local con data do 5 de xullo de 2022, aprobáronse as bases que deberán rexer a provisión dunha praza de técnico de medio ambiente, con vinculación xurídica de persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso en quenda libre, ao abeiro do disposto no artigo dous e disposición adicional sexta da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, publicada no Boletín Oficial del Estado número 312, do 29 de decembro de 2021.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

A Fonsagrada, 20 de xullo de 2022

Carlos López López
Alcalde