Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Xoves, 18 de agosto de 2022 Páx. 44451

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Guarda

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotación deportivas na Sangriña.

Tras ser aprobado inicialmente o Plan especial de infraestruturas e dotación deportivas na Sangriña, concello da Guarda, mediante a Resolución da Alcaldía do 19 de maio de 2022 sométese a un período de información pública durante o prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da última publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Faro de Vigo.

Durante o devandito período quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo ou obter copias para que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes. Estará á disposición dos interesados na sede electrónica deste concello [http://aguarda.sedelectronica.gal].

Queda suspendido o outorgamento das licenzas nas áreas afectadas pola aprobación do Plan especial, que vén recollido na documentación gráfica (plano S_01) do documento de suspensión de licenzas incorporado ao expediente. A suspensión de licenzas estará referida ás licezas de parcelación, edificación e demolición. A duración da suspensión é de dous anos, contados desde a aprobación inicial, e extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento.

A Guarda, 27 de xullo de 2022

Antonio Lomba Baz
Alcalde