Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Xoves, 18 de agosto de 2022 Páx. 44452

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Viveiro

ANUNCIO de execución subsidiaria de xestión da biomasa vexetal.

Ao non ser posible a práctica da notificación ao titular da referencia catastral que se relaciona a seguir por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procede notificar mediante anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, a execución subsidiaria de xestión da biomasa vexetal do predio o día 15 de agosto de 2022 por parte da empresa adxudicataria do contrato municipal Forestal Santomé, S.L.U., segundo o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia e a súa modificación pola Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

Concédese un plazo de quince (15) días, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto no Boletín Oficial del Estado, para que os interesados no procedemento procedan á xestión da biomasa vexetal e/ou presenten as alegacións que estimen oportunas.

Núm. expediente

Referencia catastral

Situación

DNI do titular catastral

9058/2021

27067A038000040000XA

Parcela 4, polígono 38 en lugar de Caneiro, San Pedro, Viveiro (Lugo)

José Antonio Ramos Riveira (se descoñece NIF)

Viveiro, 19 de xullo de 2022

María Loureiro García
Alcaldesa