Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Venres, 19 de agosto de 2022 Páx. 44680

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sada

ANUNCIO da convocatoria de proceso selectivo para a provisión en propiedade dunha praza de auxiliar administrativo da Administración xeral incluída na oferta de emprego público de 2019.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 153, do 12 de agosto de 2022, foron publicadas integramente as bases específicas que van rexer a convocatoria para prover en propiedade a praza vacante deste concello coas seguintes características:

Persoal funcionario de carreira:

– 1 (unha) praza da escala da Administración xeral, subescala auxiliar (grupo C e subgrupo 2), reservada a persoas con discapacidade.

Sistema selectivo: oposición en quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Sada, 12 de agosto de 2022

Óscar Benito Portela Fernández
Alcalde