Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Venres, 19 de agosto de 2022 Páx. 44681

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sada

ANUNCIO da convocatoria de proceso selectivo para a provisión en propiedade dunha praza de operario sepultureiro incluída na oferta de emprego público de 2019.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 155, do 17 de agosto de 2022, foron publicadas integramente as bases que van rexer a convocatoria para prover en propiedade a praza vacante deste concello coas seguintes características:

Persoal laboral fixo:

– 1 (unha) praza de operario sepultureiro, pertencente ao grupo V do convenio colectivo.

Sistema selectivo: concurso-oposición en quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Sada, 17 de agosto de 2022

Óscar Benito Portela Fernández
Alcalde