Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 22 de agosto de 2022 Páx. 45353

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Páramo

ANUNCIO do 10 de agosto de 2022 polo que se publica a Resolución do 19 de xullo de 2022 referente á convocatoria do proceso selectivo para prover unha praza de traballador/a social.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 176, do 3 de agosto de 2022, publicáronse integramente as bases que rexen a convocatoria para prover unha praza de traballador/a social do cadro de persoal laboral fixo, que se cubrirá polo sistema de oposición, quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse na forma prevista nas propias bases.

O Páramo, 10 de agosto de 2022

José Luis López López
Alcalde presidente