Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 22 de agosto de 2022 Páx. 45073

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2022 pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para ingresar como persoal laboral fixo do grupo III na categoría de técnico/a especialista de física, polo sistema de promoción interna.

De acordo coa Resolución reitoral do 25 de novembro de 2021 (DOG do 9 de decembro) mediante a que se convocou un proceso selectivo para ingresar como persoal laboral fixo do grupo III na categoría de técnico/a especialista de física, polo sistema de promoción interna, esta reitoría, en uso das competencias atribuídas pola Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e polos estatutos da Universidade de Vigo,

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar a relación definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas no devandito proceso de selección, e ordenar a súa publicación no taboleiro electrónico da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-index.xhtml) e no seguinte enderezo: https://www.uvigo.gal/universidade/administracion-persoal/pas/traballar-uvigo

Segundo. Convocar nun único chamamento as persoas aspirantes o día 30 de setembro de 2022, no seminario 4, andar 3, da Facultade de Ciencias do Mar do Campus de Vigo, ás 10.00 horas, para a realización do primeiro exercicio. Deberán presentar o DNI e necesitarán bolígrafo negro ou azul.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán optar por interpoñer contra esta resolución un recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, perante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 2 de agosto de 2022

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo