Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 22 de agosto de 2022 Páx. 45278

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, unha instalación eléctrica no concello de Ourense (expediente IN407A 2022/30-3).

Examinado o expediente instruído por solicitude de UFD Distribución Electricidad, S.A. sobre as autorizacións administrativas previa e de construción e a declaración, en concreto, de utilidade pública dunha instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: regulamentación LMTA entre o apoio núm. 18 e o CS Santa Cruz 32CP39.

Situación: concello de Ourense.

Características principais do proxecto, que foi redactado polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, colexiado núm. 1.534 do ICOIIG, do 17.5.2021:

• Reforma dun tramo das LL.MM.TT. SAC804, SAC805 e CAS806, a 20 kV, en triplo circuíto, substituíndo os apoios existentes, deteriorados, por novos apoios de celosía metálica e condutor LA-110, de 3.408 m de lonxitude, con orixe no apoio núm. 18 proxectado e final no CS Santa Cruz 32CP39; e restitución da subministración eléctrica aos CT afectados, en condutor LA-56, con orixe no apoio núm. T21-27 proxectado (actuación núm. 5 de proxecto) da LMTA TC SAC804/SAC805/CAS806 e final CT CIRRO-32AFF9 (actuación núm. 6 de proxecto).

A información pública do proxecto foi realizada mediante o Acordo desta xefatura territorial do 26 de abril de 2022, que foi inserido no DOG do 19 de maio e no xornal La Región de Ourense do 10 de maio; o proxecto tamén estivo en exposición pública nesta xefatura territorial e no portal de transparencia desta vicepresidencia durante o prazo regulamentario. Dentro do prazo establecido para iso, Josefa Pérez Conde, que se inclúe como propietaria no predio núm. 6 da relación de bens e de dereitos afectados, presentou unha alegación o 16.5.2022, en que cita os propietarios/herdeiros do dito predio e solicita que se lles notifique para os futuros trámites.

O 2.6.2022, UFD Distribución Electricidad, S.A. comunicou a esta xefatura territorial que chegou a un acordo coa titular do predio núm. 7 da relación de bens e de dereitos afectados.

Para dar cumprimento ao artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, realizouse o trámite de notificación a descoñecidos co correspondente anuncio que se inseriu no DOG do 8 de xuño de 2022 e no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE) do 24 de xuño.

En consecuencia, cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial

resolve:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción e declarar, en concreto, a utilidade pública das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Estas autorizacións outórganse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Que polo representante da Administración, en cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 149 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, se dea comezo ao levantamento das actas previas á ocupación, nos días e horas que a cada interesado se lle notifique de xeito individual, daqueles predios que figuran no anexo do acordo de información pública do proxecto, agás o predio núm. 7 da relación de bens e de dereitos afectados na que UFD Distribución Electricidad, S.A. comunicou que chegou a un acordo co seu titular. Ademais, atendendo á alegación de Josefa Pérez Conde, inclúese o predio núm. 6 da relación de bens e de dereitos afectados os propietarios/herdeiros que ela cita.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 22 de xullo de 2022

O xefe territorial de Ourense
P.S.L. (Decreto 116/2022, artigo 41.3)
José Luis Prada Suárez
Xefe do Servizo de Industria