Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Martes, 23 de agosto de 2022 Páx. 45374

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 12 de agosto de 2022 pola que se modifica a Orde do 4 de febreiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras de concesión das axudas destinadas a investimentos en materia de bioseguridade para a mellora ou construción de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando, así como para investimentos en bioseguridade en viveiros acometidos por determinados produtores de materiais vexetais de reprodución, e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento MR406B e MR406C), Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

O día 23 de febreiro de 2022 publícase no DOG a Orde do 4 de febreiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras de concesión das axudas destinadas a investimentos en materia de bioseguridade para a mellora ou construción de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando, así como para investimentos en bioseguridade en viveiros acometidos por determinados produtores de materiais vexetais de reprodución, e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento MR406B e MR406C), Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

De acordo coas bases reguladoras establecidas no Real decreto 949/2021, do 2 de novembro, polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a investimentos en materia de bioseguridade para a mellora ou construción de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando, así como para investimentos en bioseguridade en viveiros, acometidas por determinados produtores de materiais vexetais de reprodución no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, o obxectivo destas subvencións é mellorar a sustentabilidade, a competitividade e a resiliencia do sector agroalimentario desde o punto de vista económico, ambiental e social, en centros de limpeza e desinfección e en centros de produción de material vexetal de reprodución.

Esta orde establece as bases reguladoras e convoca para o ano 2022 as axudas destinadas a investimentos en materia de bioseguridade para a mellora ou construción de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando (código de procedemento MR406B). Trátase da liña 1 de axudas de minimis da convocatoria.

Durante a tramitación das axudas da liña 1 fíxose necesario modificar o artigo 20 (financiamento das axudas) da Orde do 4 de febreiro de 2022, co obxecto de adecuar as aplicacións orzamentarias para os investimentos en materia de bioseguridade para a mellora ou construción de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando á natureza xurídica das persoas beneficiarias.

En virtude do exposto, de conformidade co disposto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das facultades que me confiren os artigos 7 e 14 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

ACORDO:

Artigo único. Modificación da Orde do 4 de febreiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras de concesión das axudas destinadas a investimentos en materia de bioseguridade para a mellora ou construción de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando, así como para investimentos en bioseguridade en viveiros acometidos por determinados produtores de materiais vexetais de reprodución, e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento MR406B e MR406C), Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea- NextGenerationEU

Modifícase o artigo 20.1, alínea a), que recolle o financiamento das axudas da liña 1 e que queda redactado como segue:

«Artigo 20. Financiamento das axudas

1. As axudas recollidas nesta orde están financiadas ao 100 % pola Administración xeral do Estado (Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU), e o seu financiamento efectuarase con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia:

a) Liña 1. Axudas a investimentos en materia de bioseguridade para a mellora de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando, ou para a construción de novos centros coa devandita finalidade:

14.04.713E.7603, que se dota para o ano 2022 cun crédito de 15.747,52 euros.

14.04.713E.7703, que se dota para o ano 2022 cun crédito de 25.310,28 euros, e para o ano 2023 cun crédito de 369.520,28 euros. O total desta aplicación orzamentaria é de 394.830,56 euros.

O orzamento total das dúas aplicacións é de 410.578,08 euros».

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2022

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural