Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Martes, 23 de agosto de 2022 Páx. 45372

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 2022, da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se dá publicidade do esgotamento de crédito da Orde do 28 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa extraordinario das persoas traballadoras autónomas e microempresas con actividades especialmente paralizadas pola crise da COVID-19, financiadas parcialmente con fondos REACT-UE no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento TR760A), e da Orde do 27 de xuño de 2022 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas da Orde do 28 de abril de 2022.

Primeiro. A Orde do 28 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa extraordinario das persoas traballadoras autónomas e microempresas con actividades especialmente paralizadas pola crise da COVID-19, financiadas parcialmente con fondos REACT-UE no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, establece no seu artigo 6 que a concesión das subvencións previstas nesta orde estará suxeita á existencia de crédito orzamentario e, de conformidade co artigo 22.8 da citada orde, de ser o caso e de acordo co disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, publicarase no Diario Oficial de Galicia o esgotamento das partidas orzamentarias asignadas mediante resolución da persoa titular do centro directivo competente, na actualidade a Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social (Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia).

Segundo. A Orde do 28 de abril de 2022 establece no seu artigo 17 que o procedemento de concesión é non competitivo e axustarase ao disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dado que polo obxecto e pola finalidade da subvención non resulta necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento. A concesión das axudas realizarase pola comprobación da concorrencia na persoa ou entidade solicitante dos requisitos sinalados nesta orde ata o esgotamento do crédito. Segundo recolle o mesmo artigo 17, a orde de prelación para a resolución das solicitudes virá determinada pola data en que se presentase a documentación completa requirida nestas bases reguladoras.

Terceiro. A Orde do 28 de abril de 2022 establece no seu artigo 6.1 un orzamento de 2.700.000,00 euros (dos cales 1.398.998,69 euros corresponden á parte financiada con fondos REACT-UE), con cargo á aplicación orzamentaria 11.04.322C.470.8, no código de proxecto 2022 00169.

Cuarto. A Orde do 27 de xuño de 2022 publica a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas da Orde do 28 de abril de 2022 e establece no seu artigo 1 que a dita ampliación se fai por importe de 383.000,00 euros€ (fondos REACT-UE do programa operativo FSE Galicia 2014-2020), con cargo á aplicación orzamentaria 11.04.322C.470.8, no código de proxecto 2022 00169.

En virtude do anterior, e unha vez esgotados os recursos económicos destinados ás axudas previstas na Orde do 28 de abril de 2022, a persoa titular da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, por delegación da conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade,

RESOLVE:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do esgotamento do crédito con cargo á aplicación orzamentaria 11.04.322C.470.8, ao abeiro do Programa extraordinario das persoas traballadoras autónomas e microempresas con actividades especialmente paralizadas pola crise da COVID-19, financiadas parcialmente con fondos REACT-UE no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, no que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito foi a TR760A-2022-00000390-00, presentada na sede electrónica, nos termos recollidos no artigo 17 da convocatoria, o día 4 de maio de 2022 ás 18.04.50 horas.

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2022

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Apoio ao Emprego,
Traballo Autónomo e Economía Social