Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 24 de agosto de 2022 Páx. 45719

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso que se tramita no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo (procedemento abreviado 202/2022-F).

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo tramítase o recurso 202/2022-F (procedemento abreviado) de Eva María Guimarey Espiño contra a desestimación presunta do recurso de reposición interposto contra a Resolución do 13 de xaneiro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario (DOG núm. 18, do 27 de xaneiro).

Categoría: enfermeira.

Acceso: libre.

Ámbito: Distrito Sanitario de Lugo.

Epígrafe: experiencia.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no citado xulgado no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2022

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos