Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 24 de agosto de 2022 Páx. 45720

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Caldas de Reis

ANUNCIO de corrección do acordo de aprobación da oferta de emprego público de 2021 (expediente 2573/2020).

A Xunta de Goberno Local do Concello de Caldas de Reis, en sesión ordinaria do 28 de xullo de 2022, aprobou:

«Primeiro. Modificar o acordo da oferta de emprego público deste concello para o ano 2021, no relativo ao sistema de acceso dunha das prazas de policía local, que en lugar de acceso libre será por mobilidade, do cal resulta:

Praza

Código praza RPT

Sistema acceso

Vinculo da praza

2

Policía local

04.00.00.04 e 04.00.00.03

1 por acceso libre

1 por mobilidade

Funcionario/a

Segundo. Publicar a modificación da oferta de emprego público no taboleiro de anuncios da Corporación, así como na sede electrónica deste concello, no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia».

Caldas de Reis, 29 de xullo de 2022

Juan Manuel Rey Rey
Alcalde