Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 24 de agosto de 2022 Páx. 45716

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 5 de agosto de 2022 polo que se notifica a incoación do expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade LUL/27/2019-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 14 de marzo de 2022, incoar expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade por actuacións abusivas na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, polas obras levadas a cabo no lugar de San Bartolo, no termo municipal de Barreiros, provincia de Lugo.

Ao non poder realizarse a notificación persoal daquela resolución aos herdeiros do interesado con documento nacional de identidade 33600762Q, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos interesados a dita resolución mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para presentaren os documentos e xustificacións que consideren pertinentes e, se é o caso, proporen proba concretando os medios de que pretendan valerse.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2022

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística