Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 24 de agosto de 2022 Páx. 45711

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 2022 pola que se fai público o cofinanciamento pola Unión Europea, a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75 % do gasto elixible, no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia (PDR) 2014-2020, do contrato de obra de mellora da rede de abastecemento de auga de Castro de Rei, fase 2, Castro de Rei (Lugo) (expediente OH.227.681).

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, Regulamento de execución (UE) nº 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1305/2013, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a seguir se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Poder adxudicador:

1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.

1.4. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

1.5. Código NUTS: ES111.

1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7. Fax: 981 95 74 03.

1.8. Teléfono: 981 95 74 01.

1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10. Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:

2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.

2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

3. Códigos CPV: 45231300-8 (traballos de construción de tubaxes para auga e augas residuais).

4. Código NUTS do emprazamento principal das obras: ES112 Castro de Rei (Lugo).

5. Descrición do obxecto da licitación: obra de mellora da rede de abastecemento de auga de Castro de Rei, fase 2, Castro de Rei (Lugo). Clave do expediente: OH.227.681.

6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, non suxeito a regulación harmonizada e polo trámite ordinario.

7. Orzamento base de licitación: importe neto: 293.735,96 euros. Importe total: 355.420,51 euros.

8. Valor estimado do contrato: 293.735,96 euros, coincide co orzamento base de licitación sen IVE.

9. Prazo de execución do contrato: 6 meses.

10. Criterios de adxudicación

10.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.

10.2. Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 51 %), memoria descritiva do proceso de execución da obra (ponderación 15 %), plan de control de calidade da execución da obra (ponderación 10 %), medidas para o impulso demográfico (ponderación 10 %), programa de construción da obra (ponderación 8 %), memoria das condicións ambientais de execución da obra e xestión de residuos (ponderación 4 %) e melloras de índole técnica vinculadas á execución da obra (ponderación 2 %).

11. Data da adxudicación do contrato: 10 de febreiro de 2022.

12. Número de ofertas recibidas:

12.1. Ofertas totais: 10.

12.2. Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 10.

12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.

12.4. Ofertas por vía electrónica: si.

13. Data de formalización ou celebración do contrato: 28 de febreiro de 2022.

14. Empresa contratista:

14.1. Nome da empresa ou, se é o caso, UTE: Ovisa Pavimentos y Obras, S.L.

14.2. NIF: B15016207.

14.3. Enderezo: San Martín de Guillar, s/n, 27154 Outeiro de Rei (Lugo).

14.4. Código NUTS: ES112.

14.5. Correo electrónico: contratacion.galicia@ovisa.es

14.6. Fax: 982 20 11 16.

14.7. Teléfono: 638 75 31 02.

14.8. Pequena ou mediana empresa: si.

15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 246.735,00 euros. Importe total: 298.549,35 euros.

16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Esta actuación cofinanciarase pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75 % do gasto elixible, no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

A actuación enmárcase dentro do Programa de desenvolvemento rural na medida 07 «Servizos básicos e renovación de poboacións en zonas rurais»; submedida 7.2 «Apoio aos investimentos na creación, mellora ou ampliación de todo tipo de pequenas infraestruturas, incluídos os investimentos en enerxías renovables e aforro de enerxía»; prioridade 6 de desenvolvemento rural «Fomentar a inclusión social, a redución da pobreza e o desenvolvemento económico nas zonas rurais». Europa inviste no rural. O 25 % restante do gasto elixible cofinanciarase pola Xunta de Galicia nun 17,50 % e polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación nun 7,50 %.

17. Servizo do cal se poida obter información sobre o contrato formalizado.

17.1. Nome: contratación de Augas de Galicia.

17.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.

17.3. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

17.4. Código postal: 15781.

17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

17.6. Fax: 981 95 74 03.

17.7. Teléfonos: 981 95 74 01.

18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.

19. Información acerca do Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre contratación pública.

20. Outras informacións:

Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 29 de xullo de 2021.

Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 10 de febreiro de 2022.

Publicidade do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 28 de febreiro de 2022.

Publicidade do anuncio de formalización do contrato no perfil de contratante: 7 de marzo de 2022.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2022

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia