Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Xoves, 25 de agosto de 2022 Páx. 45894

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 3 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica o acordo de incoación do expediente sancionador SAN-LU-0051/2022-SBP.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que puidese practicar, notifícaselle á persoa interesada, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, o interesado poderá comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo, sitas na rolda da Muralla, nº 70, das 9.00 ás 14.00 horas.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Lugo, 3 de agosto de 2022

Mª Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: SAN-LU-0051/2022-SBP.

NIF interesado/a: 33342419D.

Acto notificado: acordo de incoación.