Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Xoves, 25 de agosto de 2022 Páx. 45893

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 3 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica unha comunicación do Servizo de Infraestruturas Agrarias de Lugo do 13 de xullo de 2022, en relación coa zona de concentración parcelaria do norte de Mondoñedo (Mondoñedo, Lugo).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, ou sendo o domicilio descoñecido, notifícase á persoa interesada na relación adxunta, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), unha comunicación en relación coa zona de concentración parcelaria do norte de Mondoñedo (Mondoñedo, Lugo).

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), aínda que a eficacia do acto administrativo notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

A persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas oficinas do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo, sitas na rolda da Muralla, 70, baixo primeiro, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro do acto administrativo que se notifica e constancia de tal coñecemento.

Acto notificado: comunicación do Servizo de Infraestruturas Agrarias de Lugo do 13 de xullo de 2022, en relación coa zona de concentración parcelaria do norte de Mondoñedo (Mondoñedo, Lugo).

Lugo, 3 de agosto de 2022

Mª Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

DNI

Acto notificado

33998979B

Comunicación