Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Xoves, 25 de agosto de 2022 Páx. 45904

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO de convocatoria do procedemento selectivo para a provisión en propiedade dunha praza de técnico/a da Administración xeral, subescala técnica, funcionario/a de carreira, polo procedemento de oposición.

No Boletín Oficial da provincia número 124, do 1 de xullo de 2022, publicáronse integramente as bases da convocatoria do proceso selectivo para a provisión en propiedade dunha praza de técnico/a da Administración xeral, subescala técnica, funcionario/a de carreira, polo procedemento de oposición, grupo A1.

No Boletín Oficial da provincia número 65, do 5 de abril de 2017, publicáronse as bases xerais para a selección de persoal funcionario de carreira e persoal laboral fixo. O prazo para a presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia, no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello (www.culleredo.es), cando así o establezan as bases específicas da convocatoria. O que se fai público para xeral coñecemento.

Culleredo, 2 de agosto de 2022

José Ramón Rioboo Castro
Alcalde