Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Xoves, 25 de agosto de 2022 Páx. 45903

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO da relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, mediante concurso ordinario, para a provisión de postos de traballo de técnico/a de Administración especial, subescala técnica.

No Boletín Oficial da provincia número 118, do 22 de xuño de 2022, publicouse a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado para a provisión de postos de traballo de técnico/a da Administración reservados a funcionarios da escala de Administración especial, subescala técnica do Concello de Culleredo.

A toma de posesión realizarase no prazo de tres días hábiles desde o día seguinte ao do cesamento, que se deberá efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución do concurso no Boletín Oficial del Estado.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Culleredo, 2 de agosto de 2022

José Ramón Rioboo Castro
Alcalde