Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Xoves, 25 de agosto de 2022 Páx. 45836

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 10 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (de interese autonómico), en relación co proxecto de execución LAT 132 kV SE PE Reboiro-SET Aranza e LAT 220 kV derivación SET Aranza, no concello de Baralla (Lugo) (expediente IN408A 2022/001).

En cumprimento do disposto na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:

Solicitante/promotora: Green Capital Power, S.L. NIF: B85945475.

Denominación do proxecto: VO_20220720_310_Modificado II proxecto de execución infraestruturas de evacuación do PE Reboiro (Galicia).

Municipio afectado: concello de Baralla (Lugo).

Orzamento de execución material: 5.593.354,69 €.

Antecedentes:

Primeiro. O 9.2.2022, Green Capital Power, S.L. presentou a solicitude de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e aprobación do proxecto sectorial das instalacións para o proxecto da liña eléctrica Infraestruturas de evacuación do parque eólico Reboiro.

Segundo. O 22.2.2022, o promotor presenta á DXPERN a solicitude de cambio da titularidade do expediente de autorización administrativa previa, autorización de construción, declaración de impacto ambiental e aprobación do proxecto sectorial de infraestrutura de evacuación PE Reboiro a favor de Green Capital Development 145, S.L.U., para o que o promotor achega unha instancia de presentación de cambio de titularidade e un xustificante de pagamento da taxa de cambio de titularidade (32.37.03 Autorización administrativa de transmisión de parques eólicos e infraestruturas de evacuación). Posteriormente, o 14.3.2022 o promotor presenta solicitude para paralizar o trámite de cambio de titularidade do expediente de infraestruturas de evacuación do PE Reboiro.

Terceiro. O 24.2.2022, publícase no DOG o Acordo do 15 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (de interese autonómico) en relación co proxecto do parque eólico Reboiro, nos concellos de Baralla, Castroverde e O Corgo (Lugo) (expediente IN408A 2018/041).

Cuarto. O 24.2.2022, a DXPERN require telefonicamente o promotor para que mellore a claridade das partidas que compoñen o orzamento.

Quinto. O 18.3.2022, a DXPERN require ao promotor que emende unha serie de deficiencias na documentación, concretamente no estudo de impacto ambiental e no proxecto de execución. En consecuencia, o 25.3.2022 o promotor achega o escrito de presentación das modificacións xunto coa nova documentación:

a) Estudo de impacto ambiental, co estudo de sinerxías actualizado.

b) Proxecto de execución, co orzamento de execución material desagregado e corrixido.

c) Separata do Concello de Baralla, co orzamento de execución material desagregado e corrixido.

Sexto. O 30.3.2022, a DXPERN detecta incoherencia de datas na nova documentación presentada polo promotor tras as modificacións realizadas. Debe actualizarse a data impresa de visado de proxecto tras a realización das modificacións.

Sétimo. O 12.4.2022, o promotor achega nova documentación actualizando a data na documentación correspondente:

a) Proxecto de execución, con data de visado 7.4.2022.

b) Separatas modificadas, con data de visado 7.4.2022.

Oitavo. Para os efectos de continuar coa tramitación do expediente por parte da unidade tramitadora, conforme o exixido no artigo 33.6 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, deuse traslado a esta xefatura territorial da documentación que o conforma con data 10.6.2022.

Noveno. O 22.7.2022, o promotor achega á DXPERN nova documentación emendando unha errata atopada e que substitúe a documentación do expediente nos seguintes documentos: proxecto de execución, declaración responsable, e separatas.

Décimo. Para os efectos de continuar coa tramitación do expediente por parte da unidade tramitadora, conforme o exixido no artigo 33.6 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, deuse traslado a esta xefatura territorial da nova documentación que o conforma con data 3.8.2022.

Características técnicas das instalacións:

As liñas e instalacións discorrerán integramente polo termo municipal de Baralla, na provincia de Lugo, cun trazado que discorre desde a SET PE Reboiro 30/132 kV (tramitada de forma independente) ata a LAT 220 kV SET PE Chao do Marco (tramitado de forma independente); coas seguintes características:

1. Liña de evacuación da enerxía eléctrica xerada polo PE Reboiro de 132 kV de tensión nominal, cun trazado que discorre dende a estrutura 1 (pórtico SET PE Reboiro 30/132 kV) á estrutura 32 (pórtico SET Aranza 132/220 kV), servindo de conexión entre a nova subestación SE Reboiro e a nova SET Aranza. Liña aérea de simple circuíto disposta en forma triangular cunha lonxitude de 8.938,75 m, con condutor tipo 147-AL1/34-ST1A (LA-180), sección total de 181,6 mm2 e cable de garda OPGW.

2. SET Aranza 132/220 kV. A nova subestación Aranza disporá dunha posición de chegada de liña en 220 kV desde os parques eólicos propiedade de Enel Green Power (Chao do Marco, Serra do Furco, Serra do Colmo, Serra Piñeira); dunha posición de transformación 220/132 kV de 55 MVA para a posición de chegada de liña 132 kV desde a SET PE Reboiro 30/132 kV e dunha posición de saída de liña en 220 kV cara á SET PE Paradela 30/220 kV.

Coordenadas de peche da subestación Aranza:

Punto

ETRS89 H29

UTM-X

UTM-Y

P01

641.778,2618

4.747.374,8439

P02

641.841,1179

4.747.313,2660

P03

641.807,9773

4.747.279,4320

P04

641.745,1111

4.747.341,0100

3. Derivación entrada/saída a SET Aranza: LAT 220 kV derivación SET Aranza 132/220 kV. Liña aérea de dobre circuíto que discorre entre o pórtico SET Aranza ata a estrutura 41 (seccionamento coa liña LAT 220 kV SET PE Chao do Marco); cunha lonxitude de 31,2 m con condutor tipo 242-AL1/39-ST1A (LA-280), sección total de 280,9 mm2 e cable de garda OPGW.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.a) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Obxecto da información pública:

A solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) das instalacións.

Documentación que se expón:

• O proxecto de execución (de xullo de 2022).

• O estudo de impacto ambiental (EIA) (de febreiro de 2022).

• O proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico, de febreiro de 2022).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental e demais normas anteriormente citadas, para coñecemento xeral, e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren afectadas nos seus dereitos ou intereses, poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contarán a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas en formato electrónico, nas dependencias da Sección de Enerxía desta Xefatura Territorial de Lugo, da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou nos teléfonos 982 29 46 54 e 982 29 46 56, así como no concello de Baralla (Lugo).

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación na seguinte ligazón:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/parque-eolico/lat-reboiro

Lugo, 10 de agosto de 2022

Gustavo J. Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo