Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Xoves, 25 de agosto de 2022 Páx. 45841

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 12 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto de interese autonómico (PIA) do proxecto da liña de alta tensión LAT 30 kV PE San Cosmeiro-PE Maragouto (expediente IN408A 2020/171).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e Lei 9/2001, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicacións, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:

Solicitante/promotora: Green Capital Power, S.L. (CIF: B85945475).

Enderezo social: rúa Marqués de Villamagna, 3, planta 5, 28001 Madrid.

Enderezo para os efectos de notificacións: rúa Fernando de Casas Novoa, nº 35, bloque B, 2ª planta, porta B, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Denominación do proxecto: LAT 30 kV PE San Cosmeiro-PE Maragouto.

Número de expediente: IN408A 2020/171.

Concellos afectados: Mazaricos e Outes (A Coruña).

Orzamento de execución material: 998.035,20 €.

Prazo de execución: cinco (5) meses.

Obxecto:

Co fin de evacuar a enerxía eléctrica xerada no parque eólico (PE) San Cosmeiro (36 MW, promovido por Green Capital Power, S.L. proxéctase unha liña de alta tensión (LAT) de 30 kV con orixe no centro de seccionamento do PE San Cosmeiro e remate na sala de celas da subestación do parque eólico (PE) de Maragouto (IN408A 2017/21), onde se elevará a tensión de 30 kV a 132 kV. A enerxía xerada polo clúster transportarase mediante a denominada solución de evacuación conxunta dos PPEE Maragouto e Banzas (IN408A 2020/144), consistente nunha LAT 132 kV, con orixe na subestación do parque eólico de Maragouto (IN408A 2017/21) ata a subestación de Banzas, e desta ata a subestación colectora de Lousame 132/220 kV, desde ela a través dunha LAAT 220 kV conectarase á SET Lousame 220 de Red Eléctrica de España, S.A.U. (IN407A 2009/471/1). Tanto os proxectos de liña coma os dos parques son obxecto de proxecto independente e están todos eles en fase de tramitación.

Características técnicas da instalación:

A LAT obxecto da presente tramitación componse dos seguintes tramos:

• Tramo I:

– Liña soterrada de 30 kV, con orixe na sala de celas do centro de seccionamento do PE San Cosmeiro (no concello de Mazaricos) e remate no apoio nº 1 (PAS) (no concello de Mazaricos, coordenadas UTM X: 501.966,75/UTM Y: 4.750.028,75).

– Constará de dobre circuíto de condutores tipo RHZ1-RA+2OL (S) 18/30 kV 3×(1×630 mm² Al)+H16, soterrado baixo tubo sen formigonar.

– Terá unha lonxitude aproximada de 17 m.

– Disporá de dous cables de comunicación de fibra óptica monomodo.

• Tramo II:

– Liña aérea de 30 kV, con orixe no apoio nº 1 (PAS) (no concello de Mazaricos, coordenadas UTM X: 501.966,75/UTM Y: 4.750.028,75) e remate no apoio nº 24 (PAS) (no concello de Outes, coordenadas UTM X: 502.508,66/UTM Y: 4.745.959,15).

– Consistirá nun dobre circuíto, de condutores tipo LA-280 SIMPLEX, tendido sobre 24 apoios metálicos de celosía.

– Terá unha lonxitude aproximada de 4.243 m.

– Disporá de cable de comunicación de fibra óptica ADSS-24.

• Tramo III:

– Liña soterrada de 30 kV, con orixe no apoio nº 24 (PAS) (no concello de Outes, coordenadas UTM X: 502.508,66/UTM Y: 4.745.959,15) e remate na sala de celas da SET Maragouto 30/132 kV (concello de Outes).

– Consistirá nun dobre circuíto, de condutores tipo RHZ1-RA+2OL (S) 18/30 kV 3×(1×630 mm2 Al)+H16, enterrado baixo tubo sen formigonar.

– Terá unha lonxitude aproximada de 1.014 m.

– Disporá de dous cables de comunicación de fibra óptica monomodo.

• A posta á terra dos apoios de formigón constará de eléctrodos de difusión vertical, empregaranse picas con alma de aceiro e recubrimento de cobre de 2 m, como liña de terra empregarase dobre cable de aceiro galvanizado AC-50, que irá protexido mediante tubo corrugado de polietileno de diámetro 36 mm no tramo que discorre pola cimentación.

• A LAT ten unha lonxitude aproximada de 5.274 m.

Obxecto da información pública:

A solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudio de impacto ambiental (EIA) e o proxecto de interese autonómico das instalacións.

• Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución (maio 2021-visado 30.7.2021).

2. O estudo de impacto ambiental (EIA) (xullo 2021-asinado 30.7.2021).

3. O proxecto de interese autonómico (PIA) (maio 2021-visado 30.7.2021).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, para o coñecemento xeral, para que se poida examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que se consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A documentación estará á disposición dos interesados nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña, teléfonos 981 18 49 83 e 981 18 49 62), de luns a venres das 9.00 ás 14.00 horas, así como nos concellos de Mazaricos e Outes (A Coruña). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación a través da seguinte ligazón:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

A Coruña, 12 de agosto de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña