Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Martes, 30 de agosto de 2022 Páx. 46153

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 19 de agosto de 2022 pola que se modifican os anexos I e II da Orde do 20 de novembro de 2019 pola que se dá publicidade ás titulacións que permiten a incorporación ás listas de aspirantes a desempeñar postos docentes en réxime de interinidades e substitucións dos corpos de mestres, de profesores de ensino secundario, de profesores técnicos de formación profesional e de profesores de escolas oficiais de idiomas que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros docentes desta consellería.

Mediante a Orde do 20 de novembro de 2019 deuse publicidade ás titulacións que permiten a incorporación ás listas de aspirantes a desempeñar postos docentes en réxime de interinidades e substitucións dos corpos de mestres, de profesores de ensino secundario, de profesores técnicos de formación profesional e de profesores de escolas oficiais de idiomas que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros docentes desta consellería (DOG núm. 235, do 11 de decembro). No anexo I desta orde establécense as titulacións exixidas para impartir docencia nas distintas especialidades do corpo de mestres, entre as que se inclúe a de Educación Física (597034) e, no seu anexo II, as do corpo de profesores de ensino secundario, entre as que tamén se inclúe a dita especialidade (590017).

A Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditou sentenza, que é firme, no PO 276/2020, pola que se anulan os anexos I e II da dita orde, no que se refire á respectiva especialidade de Educación Física, e se ordena a exclusión das titulacións de Ciencias da Danza, Xestión Deportiva e Medicina con diploma de especialista en Medicina Deportiva de entre as que permiten a incorporación ás listas desta especialidade.

En execución desta sentenza, a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ACORDA:

Primeiro. Modificar o anexo I da Orde do 20 de novembro de 2019 (DOG núm. 235, do 11 de decembro) pola que se dá publicidade ás titulacións que permiten a incorporación ás listas de aspirantes a desempeñar postos docentes en réxime de interinidades e substitucións dos corpos de mestres, de profesores de ensino secundario, de profesores técnicos de formación profesional e de profesores de escolas oficiais de idiomas que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros docentes desta consellería, no que se refire á especialidade 597034: Educación Física, que queda redactado como segue:

597034-Educación Física

Mestre:

Mestre/a especialista de Educación Física (RD 1440/1991)

Grao que inclúa unha mención en Educación Física:

Educación Primaria

Maxisterio en Educación Primaria

Mestre de Educación Primaria

Mestre Educación Primaria

Mestre en Educación Primaria

Mestre ou graduado en Educación Primaria e ademais:

Diplomatura en Educación Física

Licenciatura en Ciencias da Actividade Física e do Deporte

Mestre ou graduado en Educación Primaria e ademais grao en:

Ciencias da Actividade Física e do Deporte

Ciencias do Deporte

Segundo. Modificar o anexo II da citada Orde do 20 de novembro de 2019 (DOG núm. 235, do 11 de decembro), no que se refire á especialidade 590017: Educación Física, que queda redactado como segue:

590017-Educación Física

Licenciatura:

Ciencias da Actividade Física e do Deporte

Grao en:

Ciencias da Actividade Física e do Deporte

Ciencias do Deporte

Terceiro. A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos adoptará todas as medidas que sexan precisas para o desenvolvemento desta orde.

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2022

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades