Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Martes, 30 de agosto de 2022 Páx. 46155

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

ORDE do 10 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións individuais destinadas ao programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa, dirixido ás persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, con cargo ao Fondo Social Europeo, programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento BS324A).

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 27, números 22, 23 e 24, establece que lle corresponde á Comunidade Autónoma galega a competencia exclusiva nas materias de promoción do deporte e a adecuada utilización do lecer e a asistencia social, así como a promoción do desenvolvemento comunitario, que se aplica, entre outros, ao ámbito da mocidade.

Mediante o Decreto 285/1989, do 16 de decembro, asúmense as funcións e os servizos transferidos pola Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de promoción sociocultural, no ámbito da mocidade e desenvolvemento comunitario.

A Lei 6/2012, do 19 de xuño, de xuventude de Galicia, sinala no seu artigo 7 que constituirán obxectivos prioritarios da planificación xeral dos programas relacionados coa educación o apoio da educación non formal da xuventude como complemento da educación regrada, co obxecto de contribuír á súa aprendizaxe permanente. Así mesmo, no artigo 8 recolle que a Xunta de Galicia promoverá políticas activas que favorezan o emprego xuvenil, que terán, con carácter xeral, os obxectivos da mellora da empregabilidade da mocidade, a mellora da adaptabilidade e a igualdade de oportunidades da mocidade, en especial a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres no ámbito laboral. E, por último, no seu artigo 15 dispón que a Xunta de Galicia potenciará a mobilidade entre a mocidade galega desenvolvendo programas para a realización de estudos, cursos e actividades noutras comunidades autónomas, na Unión Europea e noutros países, co obxectivo de potenciar o coñecemento da diversidade e a riqueza cultural, o que contribuirá á súa formación e posterior inserción laboral.

Segundo o Decreto 73/2022, do 25 de de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e consellerías da Xunta de Galicia, e, en virtude da súa disposición transitoria segunda, o Decreto 216/2020, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Social, correspóndenlle á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, entre outras funcións, a xestión das actuacións en materia de mocidade, así como das políticas xuvenís de carácter interdepartamental e de apoio ao desenvolvemento da actividade xuvenil, así como o fomento da mobilidade xuvenil, dos intercambios xuvenís, tanto no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia como no resto do Estado e no ámbito internacional.

De conformidade co Fondo Social Europeo, a mobilidade transnacional pode constituír un elemento fundamental na formación da mocidade, tanto pola experiencia adquirida como polo apoio que pode supor a aprendizaxe dun idioma estranxeiro. Desta maneira, a experiencia laboral no estranxeiro pode achegar un valor engadido á formación permanente dos/das mozos/as en súa traxectoria profesional e proporcionarlles máis oportunidades de emprego. A mellora na formación e na empregabilidade da mocidade contribuirá a reducir os desaxustes existentes no mercado de traballo e a cubrir as necesidades de man de obra. A mobilidade enmárcase dentro do programa operativo de emprego xuvenil do seguinte xeito:

1. Eixe 1B. Fomento do emprego sustentable e de calidade e mobilidade laboral.

2. Prioridade de investimento 8.2: integración sustentable no mercado de traballo das persoas mozas, en particular daquelas, sen traballo e non integradas nos sistemas de educación ou formación, así como os/as mozos/as que corren o risco de sufrir exclusión social e os/as procedentes de comunidades marxinadas, tamén a través da aplicación de Garantía Xuvenil.

3. Obxectivo específico 8.2.2: reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais das persoas mozas non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación.

4. Medida 8.2.2.8: programas de mobilidade para a mellora das competencias profesionais.

A liña de actuación de mellora da empregabilidade encádrase no catálogo de actuacións recollidas no Sistema nacional de garantía xuvenil, regulado na Lei 18/2014, do 15 de outubro, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia, modificada pola Lei 25/2015, do 28 de xullo, de mecanismo de segunda oportunidade, redución da carga financeira e outras medidas da orde social, e polo Real decreto lei 6/2016, do 23 de decembro, de medidas urxentes para o impulso do Sistema nacional de garantía xuvenil, modificado polo Real decreto lei 8/2019, do 8 de marzo, de medidas urxentes de protección social e de loita contra a precariedade laboral na xornada de traballo, así como polo Real decreto lei 2/2021, do 26 de xaneiro, de reforzo e consolidación de medidas sociais en defensa do emprego.

No marco de implementación do Sistema nacional de garantía xuvenil, a Consellería de Política Social e Xuventude considera prioritario apoiar medidas que contribúan á activación das persoas mozas non ocupadas nin integradas nos sistemas de formación ou educación e que incrementen a súa mobilidade e autonomía persoal e, sobre todo, as súas oportunidades de emprego e acceso ao mercado de traballo.

Estas subvencións serán outorgadas en réxime de concorrencia competitiva con cargo aos créditos que para cada ano se especifiquen na correspondente lei de orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia e estarán cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

Esta orde é coherente coa normativa comunitaria, en particular co Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello, que permite o financiamento de gasto realizado ata o 31 de decembro de 2023.

Así mesmo, polo Regulamento (UE) nº 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo ao Fondo Social Europeo e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1081/2006 do Consello, no eido da concesión e xustificación de subvencións por medio dos custos simplificados, que teñen por obxectivo a simplificación da xestión administrativa e das obrigas de xustificación impostas a persoas beneficiarias, regulamentos modificados polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018, sobre as normas financeiras aplicables ao orzamento xeral da Unión, polo que se modifican os regulamentos (UE) nº 1296/2013, (UE) nº 1301/2013, (UE), nº 1303/2013, (UE) nº 1304/2013, (UE) nº 1309/2013, (UE) nº 1316/2013, (UE) nº 223/2014 e (UE) nº 283/2014 e a Decisión nº 541/2014/UE e polo que se derroga o Regulamento (UE, Euratom) nº 966/2012.

Tamén é de aplicación o Regulamento (UE) 2020/558 do Parlamento e do Consello, do 23 de abril de 2020, polo que se modifica, entre outros, o Regulamento (UE) nº 1303/2013 no que respecta a medidas específicas para ofrecer unha flexibilidade excepcional no uso dos fondos estruturais e de investimento europeos en resposta ao gromo da COVID-19, e o Regulamento (UE) 2020/460, do Parlamento e do Consello, do 30 de marzo de 2020, polo que se modifica, entre outros, o Regulamento (UE) nº 1303/2013 no relativo a medidas específicas para mobilizar investimentos nos sistemas de atención sanitaria dos Estados membros e noutros sectores das súas economías, en resposta ao gromo da COVID-19 (Iniciativa de investimento en resposta ao coronavirus).

A orde axústase ao disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006; na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno; na Orde ESS/1924/2016, do 13 de decembro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o período de programación 2014-2020, actualmente vixente de conformidade co disposto no artigo 65.2 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013.

Atendendo ao colectivo de persoas físicas o que vai destinado a convocatoria, que exixe como requisito para as ditas persoas destinatarias constaren inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil e figuraren como beneficiarias deste no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e tendo en conta que as referidas persoas inscritas teñen que relacionarse de xeito electrónico coa Administración no marco do sistema a través da páxina web do Servizo Público de Emprego Estatal, considérase procedente establecer a obriga de relacionarse coa Administración convocante a través de medios electrónicos.

Na súa virtude, en uso das facultades que me confire o artigo 34.6 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

RESOLVO:

Artigo 1. Obxecto e procedemento

1. Esta orde ten por obxecto establecer o procedemento de concesión de subvencións individuais para o programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa, para a realización de prácticas formativas non laborais por persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil (en diante, SNGX) en entidades ou empresas públicas ou privadas en países europeos, con cargo ao programa operativo de emprego xuvenil. O procedemento de concesión das subvencións será en réxime de concorrencia competitiva e conforme os principios de publicidade, transparencia, igualdade e non discriminación.

2. A finalidade do programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa é fomentar a empregabilidade e as competencias profesionais das persoas mozas inscritas no SNGX que non estean ocupadas nin integradas nos sistemas de educación ou formación, contribuíndo á mellora da súa formación e á adquisición da experiencia profesional necesaria para a súa incorporación ao mercado de traballo dunha maneira duradeira no tempo. Ademais, a mobilidade transnacional apoia a adquisición de competencias en idiomas estranxeiros que contribúen a aumentar a empregabilidade das persoas mozas.

3. A realización das prácticas formativas poderá xerar o dereito a solicitar a expedición do certificado de experiencias en educación non formal en materia de mocidade, de conformidade co establecido na Orde do 26 de febreiro de 2015 pola que se regula o certificado de experiencias de educación non formal en materia de xuventude.

4. As subvencións establecidas nesta orde regularanse a través do procedemento BS324A: subvencións individuais de mobilidade para a mocidade galega.

Artigo 2. Financiamento

1. Para o financiamento destas subvencións existe crédito adecuado e suficiente na Lei 17/2021, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022, cunha contía total de 550.000,00 euros con cargo á aplicación orzamentaria 13.06.313A.480.0 (código de proxecto 2022 00109).

2. As subvencións reguladas nesta convocatoria están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo nunha porcentaxe do 80 %.

Artigo 3. Incompatibilidade das subvencións

Estas subvencións son incompatibles con calquera outro tipo de subvencións ou bolsas de institucións públicas, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, destinadas a actividades similares coa mesma finalidade.

A incompatibilidade aplícase desde a data de publicación da adxudicación definitiva da subvención ata a data de finalización da mobilidade establecida nesta convocatoria.

Artigo 4. Persoas beneficiarias

1. Poderán solicitar as axudas as persoas mozas que cumpran os seguintes requisitos na data de presentación da solicitude:

a) Ter feitos os 18 anos e non superar a idade máxima que estableza a normativa vixente do SNGX, de conformidade co disposto no artigo 97.c) da Lei 18/2014, do 15 de outubro, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia.

b) Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.

c) Estar inscritas no SNGX e figurar como beneficiarias no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia na data de presentación da solicitude.

2. Serán excluídas as persoas mozas solicitantes que se encontren nalgunha das situacións de prohibición recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 5. Duración e características das prácticas formativas

1. O período de realización de prácticas formativas non laborais nas empresas ou entidades de países europeos será como mínimo de dous (2) meses e como máximo de tres (3) meses consecutivos, agás causa xustificada motivada por escrito. Os meses non naturais (cando non comezan no primeiro día do mes) contaranse desde o día de inicio das prácticas do mes en curso ata o mesmo día do mes seguinte.

2. Serán obxecto de subvención todos aqueles gastos que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionada e se realicen dentro do período subvencionable, que abrangue desde a publicación das bases no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de novembro de 2022.

3. As prácticas poderán comezar a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, sempre que as persoas beneficiarias presenten o anexo II de aceptación da subvención e entreguen o anexo III de aceptación da empresa de prácticas. Deberán finalizar, como data límite, o 30 de novembro de 2022.

O tempo de interrupción quedaría excluído do período de prácticas e non xera ningún dereito económico para as persoas beneficiarias.

4. As horas formativas terán unha duración mínima de 100 horas mensuais e un mínimo de catro días semanais de prácticas. Estas horas deberanse acreditar mediante unha proba documental de asistencia diaria ás prácticas formativas non laborables, na cal consten os días laborables da semana, a hora de entrada e saída e a sinatura da persoa participante e da responsable de titorizar as prácticas na entidade ou empresa, e segundo o modelo do anexo IV-bis, así como co anexo IV Certificación das prácticas.

Artigo 6. Gastos subvencionables e contía da subvención

1. Serán gastos subvencionables para a realización das prácticas os relativos a manutención e aloxamento, seguros, gastos de desprazamento e transporte local no país de destino de prácticas das persoas mozas participantes, incluíndo a subvención para o apoio lingüístico. Deberanse realizar no período subvencionable establecido no número 2 do artigo anterior.

Para os efectos da subvención non son subvencionables os días de viaxe (ida e volta) da persoa moza participante.

En todo caso, deberán respectar o disposto na Orde ESS/1924/2016, do 13 de decembro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o período de programación 2014-2020.

2. A determinación do importe da subvención realizarase conforme un baremo estándar de custos unitarios de conformidade coas modalidades de aplicación doutras políticas da Unión Europea, concretamente nos datos da Convocatoria coordinada de medidas de mobilidade transnacional do Fondo Social Europeo para mozos/as e mozos/as adultos/as desfavorecidos/as, a nivel europeo, liderada polo Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais de Alemaña; segundo o disposto nos artigos 67.1.b) e 67.5.b) do Regulamento (UE) 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello.

3. Neste sentido, os criterios aplicables para a determinación das contías das subvencións serán os relativos aos custos que se relacionan:

a) Contías da subvención para os gastos de mobilidade das persoas mozas participantes desde o día de inicio ata o día de remate das prácticas. Inclúe o aloxamento e a manutención, os gastos de desprazamento e transporte local no país de destino, o seguro de accidentes e responsabilidade civil, así como o seguro médico.

Determínase en custos unitarios segundo o lugar de realización das prácticas:

Países

Custo

mes/participante

(1) Custo

día/participante

Países

Custo

mes/participante

Custo

día/participante(1)

Alemaña

1.226 €

40,31 €

Irlanda

1.464 €

48,13 €

Austria

1.278 €

42,02 €

Italia

1.350 €

44,38 €

Bélxica

1.200 €

39,45 €

Letonia

920 €

30,25 €

Bulgaria

1.002 €

32,94 €

Lituania

906 €

29,79 €

Chipre

1.096 €

36,03 €

Luxemburgo

1.200 €

39,45 €

Croacia

1.041 €

34,98 €

Malta

1.088 €

35,77 €

Dinamarca

1.654 €

54,38 €

P. Baixos

1.322 €

43,46 €

Eslovaquia

1.058 €

34,78 €

Polonia

1.320 €

43,40 €

Eslovenia

1.042 €

34,26 €

Portugal

1.102 €

36,23 €

Estonia

954 €

31,36 €

*Azores e Madeira

1.670 €

54,90 €

Finlandia

1.400 €

46,03 €

R. Checa

1.024 €

33,67 €

Francia

1.418 €

46,62 €

R. Unido

1.672 €

54,97 €

Grecia

1.120 €

36,82 €

Romanía

1.008 €

33,14 €

Hungría

914 €

30,05 €

Suecia

1.378 €

45,30 €

(1) Os custos por día só se aplicarán nos casos excepcionais en que a duración das prácticas non comprenda meses completos, ou no caso en que haxa que aplicar descontos.

b) Apoio lingüístico: custo unitario de 150 euros por persoa moza solicitante.

Comprende os custos relacionados co apoio ás persoas mozas beneficiarias (antes da súa partida ou durante a súa estadía), co fin de mellorar o seu coñecemento da lingua que utilizarán para a realización da estadía formativa.

O apoio lingüístico refírese a unha formación en lingua estranxeira que require dun mínimo de dez (10) horas acreditadas por profesionais, con indicación do nivel o que correspondan os contidos impartidos respecto do Marco común europeo de referencia das linguas (en diante, MCERL). O dito apoio require petición expresa por parte da persoa moza solicitante marcando o recadro correspondente do anexo I.

4. Poderase solicitar un anticipo do 80 % do importe da contía da subvención concedida de conformidade co establecido nos artigos 18.1 e 21.

Artigo 7. Solicitudes e prazo de presentación

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia
(https://sede.xunta.gal).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 8. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Curriculum vitae modelo europeo en calquera dos idiomas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Anexo III, cos datos da empresa/entidade pública ou privada onde se realizarán as prácticas formativas non laborais.

No caso de non presentar este anexo coa solicitude, deberá ser remitido no prazo establecido no artigo 18.1.

c) Se procede, acreditación de violencia de xénero, por calquera dos medios recoñecidos no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, que son:

1º. Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, ou testemuño ou copia autenticada pola secretaria ou polo secretario xudicial da propia orde de protección ou da medida cautelar.

2º. Sentenza de calquera orde xurisdicional que declare que a muller sufriu violencia en calquera das modalidades definidas na Lei 11/2007, do 27 de xullo.

3º. Certificación e/ou informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local.

4º. Certificación dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local.

5º. Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia.

6º. Informe da Inspección de Traballo e da Seguridade Social.

7º. Calquera outra que se estableza regulamentariamente.

d) Se procede, acreditación da situación de discapacidade cando non fose expedido na Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Se procede, informe acreditativo da situación de risco de exclusión social emitido polo Sistema galego dos servizos sociais.

f) O/os certificado/s de empadroamento histórico que acredite/n a antigüidade mínima exixida no artigo 4, no caso de que a última variación do padrón sexa inferior a un ano.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa que os achege.

2. A documentación complementaria deberase presentar electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Artigo 9. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) Certificado de residencia con data de última variación do padrón da persoa solicitante. No caso de que a última variación do padrón sexa inferior a un ano, deberase achegar coa solicitude o certificado indicado no artigo 8.1.f).

d) Certificado de estar ao día no pagamento á Seguridade Social.

e) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas á Administración pública da Comunidade Autónoma.

f) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias á AEAT.

g) Comprobación de estar inscrita e ser beneficiaria no SNGX.

2. Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

Certificado de discapacidade da persoa solicitante cando sexa expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas mozas solicitantes que presenten os documentos correspondentes.

Artigo 10. Emenda das solicitudes

Se na solicitude se aprecian defectos ou falta de documentación, o órgano instrutor requirirá a persoa moza solicitante para que nun prazo de dez días emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se no o fixer, se considerará desistida da súa petición, de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, logo de resolución, que será ditada nos termos do seu artigo 21.

Artigo 11. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar logo da presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 12. Publicación e notificacións

Publicaranse no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, os actos administrativos e a correspondente resolución deste procedemento, sen prexuízo do recollido no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Con carácter complementario, serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (http://xuventude.xunta.es/).

Artigo 13. Instrución

A instrución do procedemento regulado nesta orde correspóndelle á subdirección xeral con competencias en materia de programas para a xuventude, e levarase a cabo conforme o estipulado no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Artigo 14. Comisión de Avaliación

1. Crearase unha comisión para a valoración das solicitudes que se presenten neste procedemento, que estará integrada polos/las seguintes membros:

Presidente/a: a persoa titular da subdirección xeral con competencias en materia de programas para a xuventude, ou persoa que a substitúa.

Secretario/a: unha persoa funcionaria da dirección xeral competente en materia de xuventude.

Vogais:

– A persoa titular da xefatura do servizo con competencias en materia de programas e mobilidade xuvenil.

– A persoa titular da sección con competencias en programas europeos.

– Unha persoa empregada pública ao servizo da Administración xeral autonómica, adscrita á dirección xeral competente en materia de xuventude.

2. Esta comisión poderá adoptar validamente os seus acordos sempre que asistan a ela a persoa que exerce a presidencia ou persoa que a substitúa, dous (2) vogais e o secretario ou secretaria.

Se, por calquera motivo, no momento en que a Comisión de Avaliación teña que reunirse para o exercicio das súas funcións algunha das persoas que a compoñen non pode asistir, será substituída polo persoa empregada pública que para o efecto designe a persoa titular da dirección xeral con competencias en materia de xuventude.

3. A Comisión de Avaliación realizará un informe no cal constarán o resultado da avaliación e a prelación das solicitudes por orde decrecente de puntuación. O dito informe será elevado ao órgano instrutor.

Artigo 15. Criterios de avaliación

1. A puntuación máxima que se poderá obter por solicitude será de 14 puntos, tendo en conta os seguintes criterios de avaliación:

a) Vítimas de violencia de xénero ou persoas mozas solicitantes cuxas proxenitoras a sufrisen, sempre que a acreditación das ditas circunstancias fose emitida con anterioridade á data da presentación da solicitude: 2 puntos.

b) Persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %: 2 puntos.

c) Persoas en risco de exclusión social: 2 puntos.

d) Proposta dunha empresa ou entidade pública ou privada onde realizar prácticas e acreditalo mediante o anexo III, asinado pola dita empresa ou entidade, no momento de presentación da solicitude: 3,5 puntos.

e) A antigüidade no ficheiro do SNGX como persoa beneficiaria no ficheiro ata a data en que remate o prazo de presentación de solicitudes: ata 1,3 puntos, puntuando 0,10 por cada mes que leve inscrita.

f) A idade da persoa solicitante na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes: ata 1,2 puntos, coa seguinte escala:

1º. Maiores de 28 anos: 1,2 puntos.

2º. De 26 a 27 anos: 1 punto.

3º. De 24 a 25 anos: 0,8 puntos.

4º. De 22 a 23 anos: 0,6 puntos.

5º. De 20 a 21 anos: 0,4 puntos.

6º. De 18 a 19 anos: 0,2 puntos.

g) Non ter sido beneficiaria dunha subvención individual do programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa (BS324A): 2 puntos.

A información necesaria para a comprobación deste criterio será provista pola dirección xeral competente con competencias en materia de xuventude, a través da subdirección xeral con competencias en materia de programas para a xuventude.

2. No suposto de que se produzan empates nas puntuacións de dúas ou máis persoas mozas solicitantes, os criterios de desempate serán os seguintes:

a) En primeiro lugar, a puntuación máis alta obtida nos criterios do número 1 seguindo a orde da súa enumeración.

b) En segundo lugar, igualdade de xénero: darase preferencia ao xénero que teña menor número de solicitudes.

c) Por último, de persistir o empate, terase en conta a orde de entrada da solicitude.

Artigo 16. Resolución

1. O órgano instrutor, á vista do expediente e do informe valoración da Comisión de Selección, elevará a proposta de resolución ao órgano competente para resolver o procedemento.

2. Correspóndelle á persoa titular da dirección xeral competente en materia de xuventude, por delegación da conselleira de Política Social e Xuventude e logo da fiscalización da Intervención, a competencia para a adxudicación das axudas mediante a correspondente resolución. A resolución será notificada de conformidade co disposto no artigo 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, no prazo máximo de catro meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste orde no Diario Oficial de Galicia. Esta publicación terá os efectos de notificación.

Serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da dirección xeral competente en materia de xuventude (http://xuventude.xunta.es).

3. Se transcorre o prazo máximo para resolver sen se ter ditado resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

4. A resolución de concesión fixará expresamente:

a) O importe da subvención concedida.

b) A duración de cada mobilidade.

c) A finalidade da subvención.

d) A totalidade das obrigas que contraen as persoas beneficiarias, recollidas no documento en que se establecen as condicións da axuda (en diante, modelo DECA).

5. Na resolución de concesión farase referencia ao cofinanciamento polo Fondo Social Europeo e á porcentaxe de cofinanciamento do 80 %, dentro do programa operativa de emprego xuvenil, no eixe 1B, obxectivo temático 8, prioridade de investimento 8.2, obxectivo específico 8.2.2, medida 8.2.2.8.

Igualmente, esta resolución comprenderá a identificación da persoa moza beneficiaria, a contía da subvención e as obrigas que lle correspondan, os requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que se deban obter con ela, o plan financeiro e o prazo de execución, así como os demais requisitos previstos na normativa comunitaria para a selección de operación que debe conter o DECA.

6. Para dar cumprimento ao requisito de recompilación dos datos sobre indicadores especificados no anexo VII do Regulamento (UE) 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, proporciónase a aplicación informática Participa 1420, que permite o rexistro dos indicadores comúns e específicos, tanto de produtividade como de resultado inmediato e a longo prazo, garantindo a integridade dos datos e a depuración automática da información.

En virtude do anterior, tras a notificación da resolución porase á disposición das persoas mozas beneficiarias, a través da aplicación informática Participa 1420, un cuestionario en formato electrónico para cubrir os datos relativos aos indicadores de produtividade que require o Fondo Social Europeo, establecido no anexo I do Regulamento (UE) 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013.

7. Toda alteración das condicións que se tiveron en conta para a concesión da axuda e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

8. A resolución definitiva coa relación de persoas mozas beneficiarias, excluídas, desestimadas, lista de espera e renuncias será notificada mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e será obxecto de publicidade, con carácter complementario, na páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (http://xuventude.xunta.es).

A resolución definitiva expresará o feito de que a concesión desta subvención suporá a aceptación da persoa beneficiaria para ser incluída na lista pública de operacións prevista no artigo 115 de Regulamento (UE) 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Concello, do 17 de decembro.

Artigo 17. Lista de espera

1. As persoas mozas solicitantes que cumpran os requisitos exixidos no artigo 4 e non sexan propostas como adxudicatarias inicialmente por esgotarse o crédito orzamentario correspondente pasarán a conformar unha lista de espera.

2. No caso de producirse renuncias ou revogacións das subvencións concedidas, o órgano instrutor poderá realizar novas propostas de resolución de concesión para as persoas incluídas na dita lista, con atención rigorosa á orde establecida nela, e sempre que exista crédito adecuado e suficiente.

Así mesmo, e nos supostos establecidos no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, que determinen a ampliación do crédito e ata o límite do crédito dispoñible, o órgano instrutor poderá propor novas concesións de subvencións á solicitude ou ás solicitudes da lista de espera segundo a orde de puntuación.

3. A partir do 30 de setembro de 2022 non se realizarán novas propostas de resolución, co fin de que se poidan rematar as mobilidades obxecto desta orde no prazo máximo previsto.

Artigo 18. Efectividade da resolución

1. A resolución comprenderá o acto de outorgamento da subvención, que será efectiva desde o día seguinte ao da súa notificación. Malia isto, a efectividade da resolución estará condicionada a que a persoa beneficiaria a acepte expresamente e concrete a entidade ou empresa de realización da práctica, mediante a entrega da seguinte documentación, na forma sinalada no artigo 7, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde a recepción da notificación:

a) Anexo II cuberto, aceptando ou renunciando á subvención, en que se incluirá:

1º. En caso de aceptar a subvención, o número de conta bancaria co código IBAN de que sexa titular a persoa beneficiaria.

2º. Se é o caso, a solicitude do anticipo previsto no artigo 21, marcando o recadro previsto para o efecto.

b) Sempre que non o presentasen xa con anterioridade, anexo III ou compromiso da empresa ou entidade de prácticas, asinado por unha persoa responsable da dita empresa ou entidade prevista para a realización destas.

O país de destino que se elixa na solicitude só poderá ser modificado, logo de solicitude motivada por escrito, por outro que teña asignadas contías iguais ou inferiores. Excepcionalmente, poderase realizar o cambio para outro país que teña asignada unha contía superior sempre e cando se reduza a duración da mobilidade (respectando o período medio de dous (2) meses) de tal maneira que o cambio non supoña un incremento da axuda concedida.

2. Para as persoas mozas beneficiarias das subvencións que non presenten en prazo e forma os anexos II e III, a persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, por delegación da persoa titular da Consellería, declarará a perda do dereito á subvención, logo de resolución ditada nos termos do artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, respectando o trámite de audiencia da persoa beneficiaria.

Artigo 19. Réxime de recursos

1. As resolucións ditadas neste procedemento esgotan a vía administrativa, polo que, de conformidade co previsto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contra elas se poderá interpor recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses que comezará a contar desde o día seguinte ao da súa notificación desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, se esta for expresa. Se non o for, o prazo será de seis meses e contarase a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

2. Malia o anterior, poderase interpor potestativamente recurso de reposición, ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes que comezará a contar a partir do día seguinte ao da súa notificación desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, se esta for expresa. Se non o for, poderase interpor recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 20. Xustificación da subvención

A xustificación da subvención presentarase con data límite do 15 de decembro de 2022, para o cal se achegará a seguinte documentación, de acordo co previsto no artigo 7, e nos modelos que se publicarán e estarán ao seu dispor na páxina da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (http://xuventude.xunta.es).

a) Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo fin, das distintas administracións públicas competentes ou das entidades vinculadas ou dependentes (anexo VI).

b) Certificado emitido pola empresa ou entidade de prácticas no cal constarán a efectiva realización das prácticas formativas non laborais da persoa beneficiaria, así como o período en que se desenvolveron, o número de horas formativas mensuais e as actividades levadas a cabo. Deberá estar debidamente asinado pola/s persoa/s da empresa ou entidade que exerceu a titoría das prácticas e mais a persoa que as realizou (anexo IV).

c) Proba documental de asistencia diaria ás prácticas, asinada pola/s persoa/s da empresa ou entidade que exerceu a titoría das prácticas e a persoa beneficiaria (anexo IV-bis).

d) Memoria de actividades, na cal consten unha breve análise dos resultados obtidos respecto dos obxectivos perseguidos, resumo da experiencia na estadía formativa, destacando os aspectos socioculturais e lingüísticos, as destrezas e habilidades adquiridas, os atrancos atopados, o proveito obtido para a vida laboral e persoal e outras cuestións que se consideren de interese. Do mesmo xeito, de ser o caso, unha indicación das modificacións producidas nas estadías, se as houber, en canto á duración da mobilidade e posibles cambios de empresas ou entidades de prácticas, así como as causas que as motivaron (anexo V).

e) Se é o caso, a documentación que acredite o motivo xustificado que causou o abandono ou interrupción das prácticas ou a non realización do período mínimo establecido nesta convocatoria.

f) Se é o caso, documentación que acredite a lingua na cal se recibiu o apoio lingüístico, con indicación do nivel a que correspondan os contidos impartidos respecto do MCERL. Deberá acreditar un mínimo de dez (10) horas, mediante documento asinado pola persoa profesional que impartiu o curso e pola persoa beneficiaria deste.

g) Unha reportaxe fotográfica que evidencie o lugar de realización das prácticas. Cada foto debe ir acompañada dunha breve memoria descritiva.

Artigo 21. Pagamento da subvención

1. Unha vez recibida e comprobada a documentación xustificativa, poderase proceder ao pagamento da subvención concedida. No caso de que o gasto xustificado sexa inferior ao orzamento da subvención e no caso de incumprimento de obrigas, a contía da subvención será minorada de maneira proporcional e seguindo os criterios sinalados no artigo 23.

2. De conformidade co previsto nos números 1 e 3 do artigo 63 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, as persoas mozas beneficiarias poderán solicitar, na forma e no prazo establecidos no artigo 18.1, o pagamento anticipado do 80 % da subvención concedida, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á actividade subvencionada.

O pagamento do 20 % restante do importe concedido realizarase tras a presentación da xustificación final da subvención.

Artigo 22. Obrigas das persoas mozas beneficiarias

A condición de persoa beneficiaria obriga esta nos seguintes termos:

a) Manter contacto coa dirección xeral competente en materia de xuventude desde o momento en que resultan beneficiarios/as, especialmente durante a realización das estadías formativas e durante o ano seguinte á finalización das prácticas.

b) Asistir ás reunións informativas e xornadas formativas ás cales sexan convocadas pola dirección xeral competente en materia de xuventude, tanto previas á saída como durante a estadía formativa ou á volta das prácticas.

c) Cubrir os cuestionarios relativos aos indicadores de produtividade e de resultados, cos datos que lles sexan solicitados de entre os establecidos no anexo VII, no prazo de dez (10) días hábiles desde que os referidos cuestionarios estean á súa disposición a través da aplicación Participa 1420.

d) Remitirlle á dirección xeral competente en materia de xuventude, de conformidade co artigo 7:

1º. Ata tres (3) días antes de comezar as prácticas, copia da obrigatoria póliza de accidentes e seguro de responsabilidade civil, e da tarxeta sanitaria europea ou seguro médico equivalente.

2º. No prazo máximo de tres (3) días desde que se inicien as prácticas, deberán enviar un correo electrónico onde se indique:

2º.1. Se existe ou non algunha variación nos datos indicados no anexo III.

2º.2. O calendario de realización das prácticas, no cal se indique claramente a data de comezo e fin, os días laborables por semana e o horario.

3º. A comunicación da interrupción ou abandono das prácticas no prazo máximo de tres (3) días seguintes contados desde o acontecemento do feito, con motivación das causas.

4º. Comunicar e motivar o cambio de empresa/entidade de prácticas e remitir un novo anexo III cuberto coa aceptación da nova empresa no prazo máximo de tres (3) días seguintes contados desde a realización do cambio. En ningún caso por poderá admitir un cambio de empresa a outro país de destino se este cambio supón un aumento de contía nas subvencións concedidas.

e) Realizar a totalidade da mobilidade solicitada sen incumprimento horario nin faltas de asistencia non xustificadas. Isto sen prexuízo das compensacións horarias e de días de asistencia que se poidan facer de acordo coa empresa ou entidade de prácticas.

f) Observar un código de conduta ético nas empresas/entidades onde se realicen as prácticas e, en xeral, no transcurso da mobilidade.

g) Cumprir coas normas e recomendacións sanitarias para facer fronte á COVID-19, que sexan de aplicación en cada un dos países de destino.

h) Con carácter previo á concesión e aos pagamentos da subvención, estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e non ter débedas pendentes de ningunha natureza coa Comunidade Autónoma de Galicia.

i) Someterse ás actuacións de comprobación efectuadas pola Consellería de Política Social e Xuventude, ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Consello de Contas, así como do Tribunal de Contas, as relativas ás verificacións que poidan realizar os organismos implicados na xestión e seguimento do Fondo Social Europeo e da IEX e as que poidan corresponder no suposto de cofinanciamento á Comisión e ao Tribunal de Contas das Comunidades Europeas.

j) Manter unha pista de auditoría suficiente, conservar os documentos orixinais ou copias debidamente compulsadas ou ben en soportes de datos comunmente aceptados, en especial versións electrónicas de documentos orixinais ou documentos existentes unicamente en versión electrónica, xustificativos da actuación realizada e da aplicación dos fondos recibidos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control. A dispoñibilidade dos documentos será de dous anos contados a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas anuais en que estean incluídos os gastos definitivos da operación concluída, de conformidade co disposto no artigo 140.1 do Regulamento (UE) 1303/2013, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control. O comezo dese prazo será oportunamente comunicado pola Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos.

k) Cumprir cantas obrigas deriven da normativa de aplicación do cofinanciamento polo Fondo Social Europeo.

l) Comunicarlle á dirección xeral competente en materia de xuventude as modificacións que se produzan nos requisitos e condicións que determinaron a concesión da axuda. Esta comunicación deberase efectuar no momento en que se coñeza.

m) Comunicarlle á dirección xeral competente en materia de xuventude a obtención doutras axudas para o mesmo concepto. Ao respecto, a persoa solicitante debe incluír no anexo I a declaración relativa a outras axudas e, con posterioridade á presentación da solicitude, comunicar a súa obtención, de ser o caso (anexo II).

n) Subministrarlle á Administración concedente a información necesaria ao abeiro do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 8 de xaneiro.

ñ) Cumprir cos requisitos e obrigas recollidos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 3 de xuño, e coas restantes obrigas contidas nesta orde e demais normativa.

Artigo 23. Incumprimento de obrigas. Reintegro da subvención

1. O incumprimento total ou parcial por parte das persoas mozas beneficiarias das obrigas establecidas nesta orde, así como na demais normativa aplicable e, con carácter xeral, ás subvencións públicas que se outorguen con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia orixinará o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas en concepto de subvencións máis os xuros de demora nas condicións e de conformidade co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, e sen prexuízo do establecido no texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

2. De conformidade co artigo 14.1.n) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, o importe que se debe reintegrar determinarase de acordo cos seguintes criterios de gradación dos posibles incumprimentos das condicións impostas con motivo da concesión das subvencións:

a) Incumprimento das condicións exixidas para a concesión da subvención por parte da persoa beneficiaria: reintegro do 100 % sobre o gasto subvencionable.

b) Non realizar a actividade obxecto de subvención, ou adoptar un comportamento contrario ao que fundamenta a concesión da subvención: reintegro do 100% sobre o gasto subvencionable.

c) Se, durante a execución do programa, a dirección xeral con competencias en materia de xuventude ten constancia de que a persoa beneficiaria obtivo outras subvencións para a mesma actividade, ordenará o reintegro das cantidades percibidas indebidamente, sen prexuízo das sancións que poidan corresponder.

d) A declaración xudicial ou administrativa de nulidade ou anulabilidade da resolución de concesión por concorreren as causas previstas nos artigos 47 e 48 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, comportará a obriga de devolver as cantidades percibidas.

3. De conformidade co artigo 14.1.n) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, o importe que se debe reintegrar determinarase de acordo cos seguintes criterios de gradación para os posibles incumprimentos da actividade subvencionable:

a) Por incumprimento das obrigas de presentación de documentación exixidas para xustificar os gastos: no caso de que non se presente ningunha documentación, procederá o reintegro do 100 % sobre o gasto subvencionable. No suposto de presentación de parte da documentación exixida ou de presentación de documentación incorrecta, o importe que se deberá reintegrar será proporcional ao gasto non xustificado.

b) Por incumprimento da obriga de presentar a certificación das prácticas formativas non laborais achegando o anexo IV e o anexo IV-bis (proba documental de asistencia diaria ás prácticas), debidamente cuberto e asinado: reintegro do 100 % sobre o gasto subvencionable.

c) Por incumprimento da obriga de devolver cubertos á dirección xeral competente en materia de xuventude os cuestionarios cos datos relativos aos indicadores de produtividade e de resultados que lles soliciten: reintegro do 2 % sobre o gasto subvencionable.

d) Por incumprimento da obriga de acreditar a cobertura de seguros de responsabilidade civil e de accidentes, así como a asistencia sanitaria durante o período de duración das prácticas:

1º. Reintegro do 2 % do gasto subvencionable se o incumprimento afecta algún dos seguros.

2º. Reintegro do 1 % do gasto subvencionable se o incumprimento afecta días dalgún dos seguros.

e) Por incumprimento do horario. No dito suposto, descontarase un 1% do gasto subvencionable da subvención concedida por cada hora de ausencia respecto das mínimas establecidas mensuais que non fosen compensadas durante o período da mobilidade.

Estas porcentaxes só se aplicarán no caso de que exista un incumprimento horario que non supoña falta de asistencia diaria á práctica.

f) Por falta de asistencia. Cando se produza unha falta de asistencia á práctica e cando as persoas mozas participantes nas prácticas abandonen ou interrompan estas, procederá o reintegro da subvención proporcional ao número de días de prácticas deixados de realizar.

Serán exceptuados da obriga de reintegro por falta de asistencia ata un máximo de tres (3) días no caso de enfermidade común acreditada co correspondente informe médico. Se resulta posible, estes tres (3) días deberán ser recuperados en horas, de conformidade coa empresa, antes de finalizar o período de prácticas.

Considéranse causas xustificadas, en todo caso, a entrevista laboral ou a sinatura dun contrato de traballo, a concesión dunha bolsa de traballo ou de estudos, a realización de exames de estudos oficiais; a enfermidade grave da persoa participante ou a enfermidade grave/morte ou hospitalización dun familiar de ata segundo grao, o illamento ou corentena derivados da COVID-19 e acreditados polas autoridades sanitarias, e outra causa xustificada non imputable á persoa beneficiaria.

4. As cantidades que se deban reintegrar terán a consideración de ingresos de dereito público e resultará de aplicación para o seu cobramento o previsto nos artigos 19 a 23 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, pola que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Artigo 24. Devolución voluntaria da subvención

De acordo co establecido no artigo 64 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, as persoas mozas beneficiarias poderán realizar, sen o requirimento previo da Administración, a devolución total ou parcial da subvención concedida, mediante o seu ingreso na conta operativa do Tesouro da Xunta de Galicia ES82 2080 0300 87 3110063172, en concepto de devolución voluntaria da subvención, con referencia ao código de procedemento e ao número de expediente.

En todo caso, a persoa beneficiaria deberá presentar ante a dirección xeral competente en materia de xuventude un escrito de devolución voluntaria da subvención e unha copia xustificativa da devolución voluntaria realizada na cal consten a data do ingreso, o seu importe e o número de expediente, e a denominación da subvención concedida.

Artigo 25. Asistencia, seguimento e avaliación

1. A dirección xeral competente en materia de xuventude, a través da subdirección xeral con competencias en materia de programas para a xuventude, é o órgano encargado de realizar as tarefas de supervisión, coordinación, asistencia técnica, seguimento e control da xestión, así como das subvencións concedidas.

2. Ademais de tramitar e resolver o expediente de solicitude e de transferir os fondos correspondentes, a dirección xeral competente en materia de xuventude, a través da subdirección xeral con competencias en materia de programas para a xuventude, realizará as seguintes actuacións:

a) Asistencia, apoio e asesoramento técnico e administrativo ás persoas coa finalidade de contribuír a acadar o éxito do proxecto: creación de emprego, cualificación, adquisición de experiencia e inserción laboral.

b) Control das subvencións concedidas e liquidación do expediente.

c) Seguimento e control dos resultados obtidos, segundo o establecido no artigo seguinte.

Artigo 26. Control dos resultados obtidos

A dirección xeral competente en materia de xuventude levará a cabo un control dos resultados obtidos coa realización das seguintes actuacións:

a) Convocará as persoas mozas beneficiarias das subvencións a unha xornada formativa, de seguimento das actuacións de orientación laboral co fin de facilitar a súa inserción laboral, que terá lugar no prazo máximo de seis (6) semanas desde o remate da última mobilidade. A asistencia á dita xornada será obrigatoria para todas as persoas mozas beneficiarias, agás causa xustificada debidamente motivada por escrito, tales como enfermidade da persoa beneficiaria, enfermidade ou falecemento dun familiar directo, cita médica especializada programada, entrevista de traballo e asistencia a exames. Outras causas xustificadas serán avaliadas pola dirección xeral con competencias en materia de xuventude.

b) Porá a disposición das persoas mozas beneficiarias un cuestionario en formato electrónico, a través da aplicación informática Participa 1420, cos datos relativos aos indicadores de resultados inmediatos que procedan de entre aqueles que figuran no anexo VII, coa obrigatoriedade de devolvelo cuberto coa totalidade dos datos no prazo de dez (10) días hábiles desde a súa posta á disposición.

c) No prazo de seis (6) meses, desde o remate do período de realización das prácticas formativas non laborais, a dirección xeral competente en materia de xuventude poderá requirir a actualización destes datos, coa finalidade de cubrir os indicadores de resultado a longo prazo que se reflicten no anexo VII.

Artigo 27. Transparencia e bo goberno

1. Deberase dar cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se encontren vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por parter daquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 28. Normativa de aplicación

1. Esta orde axústase ao disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, e na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

2. Igualmente é de aplicación o disposto no Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca.

Así mesmo, polo Regulamento (UE) 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo ao Fondo Social Europeo e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1081/2006 do Consello (DOUE 20.12.2013, L 347); regulamentos modificados polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018, sobre as normas financeiras aplicables ao orzamento xeral da Unión, polo que se modifican os regulamentos (UE) nº 1296/2013, (UE) nº 1301/2013, (UE), nº 1303/2013, (UE) nº 1304/2013, (UE) nº 1309/2013, (UE) nº 1316/2013, (UE) nº 223/2014 e (UE) nº 283/2014 e a Decisión nº 541/2014/UE e polo que se derroga o Regulamento (UE, Euratom) nº 966/2012; na Orde ESS/1924/2016, do 13 de decembro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o período de programación 2014-2020.

Tamén é de aplicación o Regulamento (UE) 2020/558 do Parlamento e do Consello, do 23 de abril de 2020, polo que se modifica, entre outros, o Regulamento (UE) nº 1303/2013 no que respecta a medidas específicas para ofrecer unha flexibilidade excepcional no uso dos fondos estruturais e de investimentos europeos en resposta ao gromo da COVID-19; e no Regulamento (UE) 2020/460 do Parlamento e do Consello, de 30 de marzo de 2020, polo que se modifica, entre outros, o Regulamento (UE) nº 1303/2013 no relativo a medidas específicas para mobilizar investimentos nos sistemas de atención sanitaria dos Estados membros e noutros sectores das súas economías, en resposta ao gromo da COVID-19 (iniciativa de investimentos en resposta ao coronavirus).

Disposición adicional primeira. Información á Base de datos nacional de subvenciones

A Consellería de Política Social e Xuventude transmitirá á Base de datos nacional de subvencións a información necesaria, de conformidade co artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro.

Disposición adicional segunda. Delegación de competencias

Apróbase a delegación de atribucións da conselleira de Política Social e Xuventude na persoa titular da dirección xeral con competencias en materia de xuventude, para resolver a concesión, denegación, modificación ou outras incidencias das axudas previstas nesta orde, así como para autorizar e dispor os gastos, o recoñecemento das obrigas e a proposta de pagamento, en relación co disposto no artigo 73.a) do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Disposición adicional terceira. Consulta de dúbidas

Para resolver as dúbidas relacionadas con dificultades técnicas ou no caso de máis información durante o proceso de obtención dos formularios e da súa presentación por vía electrónica, as persoas interesadas poderán facer as súas consultas ao teléfono de información 012 ou ao enderezo electrónico 012@xunta.gal

Se as dúbidas están relacionadas con esta convocatoria, poderán facer as súas consultas no enderezo do correo electrónico seguinte: galeuropain-garantiaxuvenil@xunta.gal

Disposición adicional cuarta. Réxime de infraccións e sancións

As persoas mozas beneficiarias destas subvencións quedan suxeitas ao réxime de infraccións e sancións previstas para esta materia no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Disposición adicional quinta. Loita contra a fraude

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total o parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco desta convocatoria poderá pór os ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto no enderezo web http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude/snca-olaf, e nos termos establecidos na Comunicación 1/2017, do 3 de abril, do citado servizo.

Disposición derradeira primeira. Facultade de desenvolvemento

Facúltase a persoa titular da dirección xeral con competencias en materia de xuventude para ditar, dentro das súas competencias, as resolucións necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2022

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social e Xuventude

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

anexo VII

Indicadores de produtividade e resultados

Exixidos polo Regulamento (UE) 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo ao Fondo Social Europeo (FSE) (modificado polo Regulamento 2018/1046, do 18 de xullo).

Indicadores comúns do Fondo Social Europeo (anexo I do Regulamento 1304/2013).

1. Indicadores comúns de produtividade.

Participantes:

Dimensión do

indicador

Nome do indicador

Frecuencia de informe

Poboación de referencia

Representatividade da mostra

Estado laboral

Desempregados, incluíndo os de longa duración *

Anualmente

Todos os participantes

Desempregados de longa duración*

Anualmente

Todos os participantes

Inactivos *

Anualmente

Todos os participantes

Inactivos, non integrados nos sistemas de educación ou formación *

Anualmente

Todos os participantes

Persoas con emprego, incluídos os traballadores por conta propia *

Anualmente

Todos os participantes

Idade

Persoas menores de 25 anos de idade *

Anualmente

Todos os participantes

Persoas maiores de 54 anos de idade *

Anualmente

Todos os participantes

Persoas maiores de 54 anos de idade que se encontran desempregadas, incluídas as de longa duración, ou inactivas e non integradas nos sistemas de educación ou formación *

Anualmente

Todos os participantes

Nivel educativo

Persoas con estudos de ensino primario (CINE 1) ou secundario (CINE 2) *

Anualmente

Todos os participantes

Persoas co segundo ciclo de ensino secundario (CINE 3) ou con ensino postsecundario (CINE 4) *

Anualmente

Todos os participantes

Persoas con ensino superior ou terciario (CINE 5 a 8) *

Anualmente

Todos os participantes

Participantes desfavorecidos

Inmigrantes, participantes de orixe estranxeira, minorías (incluídas comunidades marxinadas, como a poboación romaní) **

Anualmente

Todos os participantes

Participantes con discapacidade **

Anualmente

Todos os participantes

Outras persoas desfavorecidas **

Anualmente

Todos os participantes

Persoas sen fogar ou afectadas pola exclusión en canto a vivenda *

Unha vez

en 2019

Mostra representativa de todos os participantes

1) Situación laboral

2) Grupo idade

3) Nivel educativo

Persoas de zonas rurais *

Unha vez

en 2019

Mostra representativa de todos os participantes

1) Situación laboral

2) Grupo idade

3) Nivel educativo

2. Indicadores comúns de resultado.

a) Indicadores de resultado inmediato:

Nome do indicador

Frecuencia de informe

Poboación obxectivo do informe

Participantes inactivos que buscan traballo logo da súa participación *

Anualmente

Participantes inactivos

Participantes que se integraron nos sistemas de educación ou formación logo da súa participación *

Anualmente

Todos os participantes, excepto aqueles non integrados nos sistemas de educación ou formación ao comezo

Participantes que obteñen unha cualificación logo da súa participación *

Anualmente

Todos os participantes

Participantes que obteñen un emprego, incluído por conta propia, logo da súa participación *

Anualmente

– Desempregados

– Participantes inactivos

Participantes desfavorecidos que buscan traballo, se integran nos sistemas de educación ou formación, obteñen unha cualificación ou obteñen un emprego, incluído por conta propia, logo da súa participación **

Anualmente

Participantes desfavorecidos que logran un resultado entendido como un cambio ou diferenza entre a situación ao saír en comparación coa situación ao entrar na operación do Fondo Social Europeo. Participantes desfavorecidos son:

– Inmigrantes, persoas de orixe estranxeira, minorías (incluíndo as comunidades marxinadas, como a poboación romaní) **

– Participantes con discapacidade **

– Outras persoas desfavorecidas **

b) Indicadores de resultado a longo prazo:

Nome do indicador

Frecuencia de informe

Poboación obxectivo do informe

Mostra representativa

centrada en

Participantes que obteñen un emprego, incluído por conta propia, no prazo de seis meses seguintes á súa participación *

2019 e 2025

Participantes:

– Desempregados

– Inactivos

1a) Desempregados

1b) Inactivos

2) Grupo idade

3) Nivel educativo

Participantes que melloraron a súa situación no mercado de traballo no prazo dos seis meses seguintes á súa participación *

2019 e 2025

Participantes:

– Empregados

1) Grupo idade

2) Nivel educativo

Participantes maiores de 54 anos de idade que obteñen un emprego, incluído por conta propia, no prazo de seis meses seguintes á súa participación *

2019 e 2025

Participantes maiores de 54 anos de

idade:

– Desempregados

– Inactivos

1a) Desempregados

1b) Inactivos

2) Nivel educativo

Participantes desfavorecidos que obteñen un emprego, incluído por conta propia, no prazo de seis meses seguintes á súa participación **

2019 e 2025

– Desempregados

– Inactivos

Participantes con algunha das seguintes desvantaxes (non exclusivas mutuamente):

– Inmigrantes, participantes de orixe estranxeira, minorías (incluídas comunidades marxinadas, como a poboación romaní)**

– Participantes con discapacidade**

– Outras persoas desfavorecidas **

1a) Desempregados

1b) Inactivos

2) Grupo idade

3) Nivel educativo