Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 31 de agosto de 2022 Páx. 46637

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de agosto de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso que se tramita no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense, procedemento ordinario 201/2022.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense tramítase o recurso 201/2022 (procedemento ordinario), de Juan Carlos Vega Otero, contra a Resolución do 26 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario (DOG número 90, do 10 de maio).

Categoría: celador/a.

Acceso: libre.

Ámbito: distrito sanitario de Verín.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no citado xulgado no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2022

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos