O Pleno da Corporación municipal, na sesión extraordinaria-urxente que tivo lugar o día 29 de xullo de 2022, adoptou, entre outros, o acordo de aprobación provisional da seguinte proposta elaborada pola Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia para a adopción do escudo e insignia (bandeira) municipais do Concello de Abadín:
Escudo municipal:
De azur (azul), o Castelo de ouro (amarelo) surmontado de dous lises e postas nos flancos do xefe. Ao timbre a coroa real pechada.
Insignia municipal (bandeira):
O pano azul e ao centro o Castelo de amarelo acompañado de dous lises, unha ao hasta e outra ao batente.
En cumprimento do disposto no artigo 16.a).3 do Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia, sométese o referido acordo ao trámite de información pública durante o prazo dun mes, mediante a publicación do correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) e no taboleiro de anuncios do Concello, contado desde o día seguinte ao da inserción no DOG.
Durante este prazo os interesados poderán presentar as alegacións que xulguen oportunas.
No caso de que non se presenten alegacións durante o citado período de información pública, quedará elevado a definitivo este acordo provisional, sen necesidade de acordo plenario.
Ademais, o referido acordo estará á disposición na sede electrónica deste concello (enderezo electrónico https://www.abadin.es).
Abadín, 3 de agosto de 2022
José María López Rancaño
Alcalde


