Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 1 de setembro de 2022 Páx. 47021

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 22 de agosto de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se dá publicidade da Resolución do 17 de agosto de 2022 pola que se revisa a autorización ambiental integrada outorgada a Sologás, S.L. para o centro de tratamento de residuos situado no concello das Somozas (A Coruña) (número de rexistro AAI: 2012-IPPC-35-260).

De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro, dáselle publicidade á seguinte resolución:

Instalación: centro de tratamiento de residuos

Procedemento: revisión e modificación da autorización ambiental integrada

Titular: Somozas Valorización de Lodos-Biogás, S.L. (Sologás)

Núm. rexistro AAI: 2012-IPPC-35-260

Localización: concello das Somozas (A Coruña)

Expedientes: 2020-IPPC-M-52; 2022-IPPC-M-66 e 2022-IPPC-M-100

Esta resolución poderá consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2022

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade
e Cambio Climático