De conformidade co disposto no artigo 24.2 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáse publicidade ás seguintes resolucións:
Instalación: granxa de porcas reprodutoras |
Procedemento: modificación non substancial da autorización ambiental integrada |
Titular: Cooperativa Agroganadera de A Piúca, S.C.G. |
Núm. rexistro AAI: 2007/0083_NAA/IPPC_158 |
Localización: concello dos Blancos (Ourense) |
Expediente: 2022-IPPC-M-61 |
Instalación: complexo industrial de refinación de petróleo |
Procedemento: modificación non substancial |
Titular: Repsol Petróleo, S.A. |
Núm. rexistro AAI: 2005/0180_NAA/IPPC_016 |
Localización: concellos da Coruña e Arteixo (A Coruña) |
Expediente: 2022-IPPC-M-94 |
Instalación: fábrica de automóbiles. Centro de Vigo de Stellantis |
Procedemento: modificación do programa de vixilancia e control ambiental da autorización ambiental integrada |
Titular: Peugeot Citroën Automóviles España, S.A. |
Núm. rexistro AAI: 2005/0233_NAA/IPPC_014 |
Localización: concello de Vigo (Pontevedra) |
Expediente: 2005/0233_NAA/IPPC |
Instalación: fábrica de eléctrodos de grafito |
Procedemento: modificación do plan de vixilancia da autorización ambiental integrada |
Titular: Showa Denko Carbon Spain, S.A. |
Núm. rexistro AAI: 2007/0007_NAA/IPPC_145 |
Localización: concello da Coruña (A Coruña) |
Instalación: explotación porcina de produción de leitóns |
Procedemento: modificación non substancial da autorización ambiental integrada |
Titular: Cooperativa Auriense, S.C.G. |
Núm. rexistro AAI: 2007/0050_NAA/IPPC_192 |
Localización: lugar de Casardansola, concello de Montederramo (Ourense) |
Expediente: 2021-IPPC-M-115 |
Instalación: planta de produción de leite UHT e doutros produtos lácteos |
Procedemento: modificación non substancial da autorización ambiental integrada |
Titular: Naturleite, S.L. |
Núm. rexistro AAI: 2007/0001_NAA/IPPC_063 |
Localización: concello de Meira (Lugo) |
Expediente: 2022-IPPC-M-87 |
Estas resolucións poderán consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).
Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2022
María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático