Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:
Peticionario: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, Ourense.
Denominación: subestación Belesar 220/132 kV-ampliación posición 132 kV GIS SB.
Situación: concello de Chantada.
Características técnicas principais:
• Ampliación da subestación consistente na instalación dunha nova posición de liña de cliente 132 kV tipo GIS no interior do edificio existente. Os novos equipos que se van instalar son:
Unha cela de simple barra de posición de protección de liña de cliente G.E. modelo F-35-41, equipada con:
– Un seccionador tripolar de barras con tres posicións: aberto, pechado e posta a terra para mantemento, 1.250 A.
– Un interruptor automático tripolar de corte en SF6, 1.250 A, 31,5 kA.
– Tres transformadores de intensidade 200-400/5-5-5-5 A.
– Tres transformadores de tensión 132.000:√3/110:√3-110:√3-110:√3 V.
– Un seccionador de posta a terra rápida, 1.250 A.
– Tres terminais enchufables cable illado-SF6 para conexión a cable unipolar de illamento seco 76/132 kV.
Finalidade da instalación: equipamento para evacuación de parque eólico.
– Orzamento: 480.605,88 euros.
– Documentación que se acompaña:
• Separata para o Concello de Chantada.
• Separata para a Deputación Provincial de Lugo.
Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:
En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción das ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionado ao cumprimento das seguintes condicións:
Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución. A dirección de obra deberá realizala un técnico competente.
Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.
Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular, canto establece a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas da alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.
Lugo, 5 de agosto de 2022
Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo