En virtude do establecido no artigo 15.2 dos estatutos da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, aprobados polo Decreto 252/2011, do 15 de decembro; nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e no artigo 65 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do conselleiro de Facenda e Administración Pública, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día un de setembro de dous mil vinte e dous,
DISPOÑO:
Que cese, por petición propia, María del Mar Pereira Álvarez como directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, agradecéndolle os servizos prestados.
Santiago de Compostela, un de setembro de dous mil vinte e dous
Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente
Miguel Corgos López-Prado
Conselleiro de Facenda e Administración Pública