Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 2 de setembro de 2022 Páx. 47047

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Facenda e Administración Pública

DECRETO 149/2022, do 1 de setembro, polo que se nomea director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia a Julián Cerviño Iglesia.

En virtude do establecido no artigo 15.2 dos estatutos da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, aprobados polo Decreto 252/2011, do 15 de decembro; nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e no artigo 65 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do conselleiro de Facenda e Administración Pública e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día un de setembro de dous mil vinte e dous,

NOMEO director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia a Julián Cerviño Iglesia.

Santiago de Compostela, un de setembro de dous mil vinte e dous

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

Miguel Corgos López-Prado
Conselleiro de Facenda e Administración Pública