Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 2 de setembro de 2022 Páx. 47152

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se dá publicidade da modificación da Resolución do 16 de maio de 2022 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia.

En virtude da Resolución do 16 de maio de 2022 (DOG núm. 98, do 23 de maio) fixéronse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro),

DISPOÑO:

Incluír na relación definitiva de persoas aspirantes admitidas ao proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, a seguinte persoa aspirante:

DNI

Apelidos e nome

Motivo da inclusión

***0546**

Sampedro Lema, Cosme

Erro na inclusión nas listas definitivas

Deste xeito, queda excluída a persoa anteriormente indicada da relación definitiva de persoas aspirantes excluídas ao dito proceso selectivo.

Contra esta resolución poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2022

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública