Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 5 de setembro de 2022 Páx. 47299

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2022 pola que se resolve o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de estatísticos, e do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de estatísticos, convocado pola Resolución do 5 de abril de 2022.

Mediante a Resolución do 5 de abril de 2022 (DOG núm. 69, do 8 de abril) convocouse o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de estatísticos, e do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de estatísticos.

Unha vez examinadas e resoltas as reclamacións presentadas contra a valoración provisional de méritos, a Comisión de Valoración, na súa reunión do día 29 de agosto de 2022, acordou elevar á Dirección Xeral da Función Pública a proposta definitiva de resolución do concurso.

Polo exposto, no uso das competencias que ten atribuídas no artigo 1 da Orde do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública e de conformidade co previsto na base VIII.5 da convocatoria, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicar e facer públicas as adxudicacións dos postos de traballo ás persoas que se relacionan no anexo. Esta información atópase ao dispor das persoas interesadas no portal web corporativo da Xunta de Galicia http://funcionpublica.xunta.gal, na epígrafe <concurso de traslados>.

Segundo. De acordo co disposto na base IX da convocatoria do concurso de traslados, os destinos adxudicados serán irrenunciables salvo que con anterioridade á finalización do prazo posesorio se obteña outro destino mediante convocatoria pública, polo procedemento de libre designación ou por concurso, casos en que se poderá optar entre os dous postos adxudicados.

Neste caso, as persoas funcionarias adxudicatarias están obrigadas a comunicar por escrito a opción seleccionada á Dirección Xeral da Función Pública no prazo dos tres días seguintes ao da publicación no DOG da resolución pola que se abran os prazos posesorios.

Os traslados que deriven da resolución do presente concurso terán a consideración de voluntarios, polo que, en consecuencia, non xerarán dereito á indemnización.

Terceiro. En aplicación do establecido na base X da convocatoria do concurso de traslados, a toma de posesión en todos os postos adxudicados como consecuencia da realización do presente concurso efectuarase a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e iniciará o cómputo dos prazos posesorios establecidos no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 24 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna.

Cuarto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante esta mesma dirección xeral, no prazo dun mes que se contará desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas ou, directamente, recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2022

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Adxudicación de postos

1º apelido

2º apelido

Nome

NIF

Grupo

Posto

Código do posto

Denominación

Cons.

Concello

Nivel

Puntos

Fase

Suárez

Morao

Marta

***2902**

A

7

FC.A01.00.002.15770.021

Xefatura de Sección de Análise e Estudos I

FC

Santiago de Compostela

25

21,516

Primeira

Martín

Vila

María

***2767**

B

9

FC.A01.00.002.15770.036

Xefatura de Sección de Difusión e Información II

FC

Santiago de Compostela

25

19,681

Primeira

Pérez

Lago

Ángel Jesús

***5188**

A

13

FC.A01.00.001.15770.031

Xefatura de Sección de Coordinación e Planificación

FC

Santiago de Compostela

25

10,321

Resultas

Rey

López

Gonzalo Luis

***7801**

A

14

FC.A01.00.002.15770.013

Xefatura de Sección de Contas Económicas III

FC

Santiago de Compostela

25

16,343

Resultas

Os códigos de postos de traballo que figuran na relación de prazas adxudicadas correspóndense cos ofertados na resolución de convocatoria do concurso.

Relación de consellerías

Código

Consellería

FC

Facenda e Administración Pública