Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 5 de setembro de 2022 Páx. 47303

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 2022 pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica forestal.

Unha vez presentada a renuncia dun vogal titular do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica forestal, convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro), e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada por Santiago Barros Fernández como vogal titular do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica forestal.

Segundo. Nomear no seu lugar, como vogal titular do devandito tribunal, a José Manuel Araújo Fernández, persoal funcionario do corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría de montes.

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2022

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública