Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 5 de setembro de 2022 Páx. 47408

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da convocatoria de varios procesos selectivos dos subgrupos A1 e A2.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 249, do 31 de decembro de 2021, publicáronse as bases aprobadas por resolución do concelleiro delegado de Economía, Facenda e Réxime Interior, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 28 de decembro de 2021, relativas ás seguintes convocatorias:

– 1 praza de psicólogo/a (subgrupo A1), C.E. 19/18.

– 1 praza de técnico/a superior de Mobilidade (subgrupo A1), C.E. 21/18.

– 1 praza de técnico/a medio/a de Promoción de Emprego (subgrupo A2), C.E. 18/18.

– 1 praza de técnico/a medio/a de Organización (subgrupo A2), C.E. 16/18).

– 1 praza de técnico/a medio/a de Educación (subgrupo A2), C.E. 7/17.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 9 de agosto de 2022

A Xunta de Goberno Local
P.D. (Acordo do 3.7.2019)
Manuel Ángel Jove Losada
Director da Área de Economía, Facenda e Réxime Interior