Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 5 de setembro de 2022 Páx. 47407

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo dunha praza de axudante de arquivo.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña, número 108, do 10 de xuño de 2019, publicáronse as bases aprobadas por resolución da concelleira delegada de Facenda e Administración, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 28 de maio de 2019, e no Boletín Oficial da provincia da Coruña, número 145, do 2 de agosto de 2022, publicáronse as bases modificadas por resolución do concelleiro delegado de Economía, Facenda e Réxime Interior, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 26 de xullo de 2022, relativa á seguinte convocatoria:

– 1 praza de axudante de arquivo (subgrupo A2). C.E. 9/18.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados desde o día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 9 de agosto de 2022

A Xunta de Goberno Local
P.D. (Acordo do 3.7.2019)
Manuel Ángel Jove Losada
Director de Economía, Facenda e Réxime Interior