Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 8 de setembro de 2022 Páx. 47975

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO relativo á ampliación da oferta de emprego público de 2022.

No BOPPO núm. 147, do 3 de agosto de 2022, publicouse a Resolución do 28 de xullo de 2022 pola que se amplía a oferta de emprego público da Deputación Provincial de Pontevedra para o ano 2022, para incluír un posto de traballo de persoal laboral fixo de nova creación, ocupado por traballador declarado laboral indefinido por sentenza firme, que se integra nos seguintes termos:

Persoal laboral fixo:

Grupo

Denominación

Nº postos

Sistema de acceso

A1

Técnico/a de artrópodos

1

Concurso-oposición

Este posto será obxecto de provisión mediante convocatoria pública, que será publicada no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO) coas súas correspondentes bases e programa, e mediante extracto da dita convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Pontevedra, 17 de agosto de 2022

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Resolución 2019012988, do 15.7.2019)
Carlos López Font
Deputado delegado de Réxime Interior, Economía,
Facenda e ORAL