Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 8 de setembro de 2022 Páx. 47974

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO relativo á ampliación da oferta de emprego público de 2022 da quenda reservada á promoción interna.

No BOPPO núm. 147, do 3 de agosto de 2022, publicouse a Resolución do 28 de xullo de 2022 pola que se amplía a oferta de emprego público da Deputación Provincial de Pontevedra para o ano 2022, para incluír a seguinte praza de persoal funcionario:

Persoal funcionario:

Grupo

Denominación

Clasificación

Nº prazas

Sistema de acceso

C1

Administrativo, rama tributaria

Escala da Administración xeral, subescala administrativa

1

Concurso-oposición, promoción interna

Esta praza será obxecto de provisión mediante convocatoria pública, que será publicada no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO) coas súas correspondentes bases e programa, e mediante extracto da dita convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG) e no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 17 de agosto de 2022

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Resolución 2019012988, do 15.7.2019)
Carlos López Font
Deputado delegado de Réxime Interior, Economía,
Facenda e ORAL