No Diario Oficial de Galicia núm. 101, do 27 de maio de 2022, publícase a Orde do 11 de maio de 2022, da Consellería de Política Social e Xuventude, pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no Programa voluntariado sénior, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (procedemento BS508C).
De conformidade co artigo 14 da antedita orde, a resolución do procedemento de axuda, logo da fiscalización da proposta facendo uso das competencias conferidas no artigo 7.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, correspóndelle á directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Xuventude.
Así mesmo, o artigo 15 da mesma orde establece que se publicará no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, entre outras, a correspondente resolución deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos de notificación.
Por todo o exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da resolución de concesión do 24 de agosto de 2022, para o procedemento BS508C, de concesión de axudas para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no Programa voluntariado sénior para o ano 2022.
Segundo. Comunicar que a Resolución do 24 de agosto de 2022 esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. Notificada a resolución polo órgano competente, as entidades beneficiarias disporán dun prazo de 10 días computado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia para a súa aceptación, transcorrido o cal sen que se producise manifestación expresa se entenderá tacitamente aceptada.
Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2022
Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado
ANEXO
Resolución do 24 de agosto de 2022 ditada no procedemento BS508C de concesión de axudas para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no Programa voluntariado sénior
Vista a proposta de resolución do Servizo de Voluntariado e Participación, de conformidade co disposto nos artigos 12 e 14 da Orde do 11 de maio de 2022 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no Programa voluntariado sénior, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022,
RESOLVO:
Primeiro. Conceder a axuda ás entidades locais propostas no anexo I, ao abeiro da Orde do 11 de maio de 2022 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no Programa voluntariado sénior.
Esta concesión resulta da aplicación dos criterios de valoración previstos no artigo 13 das bases reguladoras, por un importe total de 27.920,00 para entidades locais, con cargo á aplicación orzamentaria 13.06.312F.460.0.
Segundo. Conceder a axuda ás entidades de acción voluntaria propostas no anexo II, ao abeiro da Orde do 11 de maio de 2022 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no Programa voluntariado sénior.
Esta concesión resulta da aplicación dos criterios de valoración previstos no artigo 13 das bases reguladoras, por un importe total de 53.780,00 €, para entidades de acción voluntaria, con cargo á aplicación orzamentaria 13.06.312F.481.0.
Da contía prevista para entidades locais resérvase un 15 % para as solicitudes presentadas conxuntamente.
Terceiro. As axudas concedidas condicionaranse ao cumprimento de todas as obrigas establecidas na Orde do 11 de maio de 2022 e, especialmente, ás establecidas no artigo 20.
A xustificación das subvencións realizarase de acordo co establecido no artigo 17 da convocatoria.
Así mesmo, o pagamento das axudas realizarase de acordo co previsto no artigo 19 da mesma convocatoria.
Cuarto. Denegar e/ou inadmitir as solicitudes que se relacionan no anexo III, con indicación da causa concreta que motivou a denegación ou inadmisión.
Quinto. Esta resolución, que finaliza o procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2022. A conselleira de Política Social e Xuventude. P.D. (Artigo 14 e disposición adicional segunda da Orde do 11.5.21022). Cristina Pichel Toimil, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
ANEXO I
Axudas concedidas a entidades locais
Concesións conxuntas:
Nº |
Nº expte. |
Entidade |
NIF |
Provincia |
Puntuación |
Orzamento concedido |
1 |
2022/025 |
Concello de Monterrei |
P3205100E |
Ourense |
63,00 |
6.000,00 € |
Concesións individuais:
Nº |
Nº expte. |
Entidade |
NIF |
Provincia |
Puntuación |
Orzamento concedido |
1 |
2022/010 |
Concello de Padrón |
P1506600D |
A Coruña |
63,50 |
1.400,00 € |
2 |
2022/012 |
Concello da Laracha |
P1504200E |
A Coruña |
62,75 |
2.400,00 € |
3 |
2022/006 |
Concello de Lousame |
P1504300C |
A Coruña |
56,50 |
1.500,00 € |
4 |
2022/036 |
Concello de Vedra |
P1509000D |
A Coruña |
55,50 |
2.400,00 € |
5 |
2022/011 |
Concello de Ponteceso |
P1506900H |
A Coruña |
50,00 |
600,00 € |
6 |
2022/019 |
Concello de Mondoñedo |
P2703000F |
Lugo |
50,50 |
1.620,00 € |
7 |
2022/023 |
Concello de Ramirás |
P3206900G |
Ourense |
50,00 |
2.400,00 € |
8 |
2022/033 |
Concello de Verín |
P3208600A |
Ourense |
50,00 |
2.400,00 € |
9 |
2022/040 |
Concello da Veiga |
P3208400F |
Ourense |
50,00 |
2.400,00 € |
10 |
2022/018 |
Concello de Lalín |
P3602400H |
Pontevedra |
52,50 |
2.400,00 € |
11 |
2022/034 |
Concello de Mos |
P3603300I |
Pontevedra |
51,75 |
2.400,00 € |
Total |
21.920,00 € |
ANEXO II
Axudas concedidas a entidades de acción voluntaria
Concesións individuais:
Nº |
Nº expte. |
Entidade |
NIF |
Provincia |
Puntuación |
Orzamento concedido |
1 |
2022/045 |
ONGD Senvalos |
G70610282 |
A Coruña |
63,75 |
600,00 € |
2 |
2022/028 |
Asociación Itínera de Voluntarios en Saúde Mental |
G15983570 |
A Coruña |
60,50 |
2.400,00 € |
3 |
2022/035 |
ONG Mestura, para la Integración Social de las Personas Inmigrantes y Emigrantes |
G15940414 |
A Coruña |
60,00 |
2.400,00 € |
4 |
2022/042 |
Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia |
G15450828 |
A Coruña |
53,50 |
2.240,00 € |
5 |
2022/002 |
Asociación Medioambiental Amabul |
G15925209 |
A Coruña |
52,50 |
2.400,00 € |
6 |
2022/020 |
Acción Familiar Ferrol |
G15745466 |
A Coruña |
51,75 |
2.250,00 € |
7 |
2022/004 |
Asociación de Familias de Persoas con Discapacidade Psíquica das Comarcas do Barbanza e Noia, Amicos |
G15747678 |
A Coruña |
51,00 |
2.400,00 € |
8 |
2022/026 |
Asociación Socio Cultural ASCM |
G15161573 |
A Coruña |
50,75 |
2.400,00 € |
9 |
2022/015 |
Asociación Protectora de Animales San Francisco de Asís |
G15655285 |
A Coruña |
50,00 |
2.400,00 € |
10 |
2022/022 |
Asociación Galega para a Axuda dos Enfermos con Demencia Tipo Alzhéimer, Agadea |
G15483498 |
A Coruña |
50,00 |
2.400,00 € |
11 |
2022/003 |
Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Chantada |
G27320225 |
Lugo |
51,00 |
2.400,00 € |
12 |
2022/021 |
Asociación Aliad-Ultreia |
G27021120 |
Lugo |
51,00 |
900,00 € |
13 |
2022/031 |
Valoresc Innovation |
G70377585 |
Ourense |
65,50 |
2.400,00 € |
14 |
2022/007 |
Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ourense, Afaor |
G32198970 |
Ourense |
58,50 |
2.400,00 € |
15 |
2022/008 |
Asociación Limisi, para a Promoción das Persoas con Diversidade Funcional da Comarca de A Limia |
G32302671 |
Ourense |
52,00 |
2.400,00 € |
16 |
2022/017 |
Asociación Orensana de Esclerosis Múltiple, Párkinson y Enfermedades Raras, Aodemper |
G32209983 |
Ourense |
50,50 |
90,00 € |
17 |
2022/001 |
Asociación Xuvenil Amencer |
G32025405 |
Ourense |
50,00 |
2.400,00 € |
18 |
2022/014 |
Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Mezquita |
G32167900 |
Ourense |
50,00 |
2.400,00 € |
19 |
2022/032 |
Asociación Esgaia Inserta |
G16918641 |
Ourense |
50,00 |
2.400,00 € |
20 |
2022/016 |
Asociación Acción Solidaria de Galicia, Asdegal |
G27727593 |
Pontevedra |
60,25 |
2.400,00 € |
21 |
2022/039 |
Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, Culturmar |
G36231561 |
Pontevedra |
58,50 |
2.400,00 € |
22 |
2022/038 |
Apamp, Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral |
G36624120 |
Pontevedra |
56,25 |
1.200,00 € |
23 |
2022/013 |
Residencia Paz y Bien (Hermanas Franciscanas Hospitalarias de la Inmaculada Concepción) |
R3600091G |
Pontevedra |
55,50 |
1.500,00 € |
24 |
2022/041 |
Asociación de Apoyo a Personas con Diversidad Intelectual, Aceesca |
G36021970 |
Pontevedra |
54,00 |
300,00 € |
25 |
2022/029 |
Asociación Protectora de Animais Os Biosbardos |
G27753268 |
Pontevedra |
53,25 |
2.400,00 € |
26 |
2022/005 |
Fundación Residencia Divina Pastora de Vilagarcía de Arousa |
G36017929 |
Pontevedra |
51,00 |
1.500,00 € |
27 |
2022/043 |
Asociación Cultural O Castro |
G36116879 |
Pontevedra |
50,00 |
2.400,00 € |
Total |
53.780,00 € |
ANEXO III
Solicitudes inadmitidas ou denegadas
Denegadas entidades locais:
Nº |
Nº expte. |
Entidade |
NIF |
Provincia |
Causa de inadmisión ou denegación |
1 |
2022/037 |
Concello da Baña |
P1500700H |
A Coruña |
Non alcanzar a puntuación requirida |
Denegadas entidades de acción voluntaria:
Nº |
Nº expte. |
Entidade |
NIF |
Provincia |
Causa da inadmisión ou denegación |
1 |
2022/030 |
Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos, Ategal |
G15496607 |
A Coruña |
Non alcanzar a puntuación requirida |
2 |
2022/027 |
Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional |
G15052434 |
A Coruña |
Non alcanzar a puntuación requirida |
3 |
2022/044 |
Asociación Antonio Noche |
G15210388 |
A Coruña |
Non alcanzar a puntuación requirida |
4 |
2022/009 |
Fundación Amigos de la Barrera |
G32321978 |
Ourense |
Non alcanzar a puntuación requirida |
5 |
2022/024 |
Asociación Vodea |
G27861061 |
Pontevedra |
Desistencia |