Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 13 de setembro de 2022 Páx. 48484

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sarria

ANUNCIO de publicación da modificación da oferta de emprego público de estabilización.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 135, do día 14.6.2022, saíu publicada a oferta de emprego público de 2022 para a estabilización do emprego temporal do Concello de Sarria.

No Diario Oficial de Galicia número 155, do día 17.8.2022, saíu publicado o extracto da publicación da oferta de emprego público de 2022 para a estabilización do emprego temporal do Concello de Sarria e no Boletín Oficial da provincia de Lugo número 135, do día 14.6.2022.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 197, do día 29.8.2022, saíu publicada a modificación da oferta de emprego público de 2022 para a estabilización do emprego temporal do Concello de Sarria, por aceptación dos recursos interpostos, polo que queda sen efecto a publicada no Boletín Oficial da provincia de Lugo número 135, do día 14.6.2022.

O que se publica en cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e o artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.

Sarria, 1 de setembro de 2022

Claudio Melquiades Garrido Martínez
Alcalde